Participamos na Mesa de Traballo: “Gobernanza e cooperación público-privada para a ordenación territorial”, que coordina a Fundación RIA

Dende A Limia

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso participou na Mesa de Traballo: “Gobernanza e cooperación público-privada para a ordenación territorial”, organizada pola Fundación RIA.

Esta iniciativa forma parte dos traballos previos ao Foro Territorio Rural Resiliente, que terá lugar en maio en Santiago de Compostela, e que está impulsado pola Fundación Juana de Vega e o Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela (LaboraTe).

A mesa de traballo abordou a aplicación práctica da gobernanza, entendida como a colaboración entre administracións públicas e o sector privado. Subliñouse a necesidade de incluír ao Terceiro Sector, como o CDR O Viso, e de defender o papel protagonista da comunidade nas fases propositivas e executivas das políticas, superando visións xerárquicas e corrixindo a actual deriva social, natural e económica.

No encontro estiveron presentes proxectos de desenvolvemento rural como a asociación Daquí Darredor, a empresa Daveiga, a Comunidade de Montes en Man Común de Froxán, diversos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e Grupos de Acción Local (GAL), así como a Universidade de Santiago de Compostela.

A necesidade de repensar o futuro do rural galego, especialmente tras o impacto dos lumes do ano pasado, foi un dos puntos centrais da xuntanza.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA