Os Premios Semente celebrarán a súa II edición o 27 de marzo na Casa da Brea | NOTICIAS XINZO

Diario do Limia

O Concello de Xinzo de Limia acollerá a II Edición dos Premios Semente: Premios da Pataca e Cereal de Galicia o vindeiro venres, 27 de marzo de 2026. A gala trasladarase á Casa da Brea, en Piñeira Seca, buscando un entorno rural que simboliza a conexión co sector primario e a comarca da Limia.

Esta edición conta coa colaboración do Concello de Xinzo e o GDR Limia Arnoia, coincidindo os Premios Semente coas xornadas Ruralmente. As xornadas, que terán lugar entre o mércores e o venres desa mesma semana, e o certame institucional únense para celebrar a profesionalización e dignificación do campo galego, sendo a gala o colofón conxunto.

Os premios manterán o seu obxectivo de recoñecer a innovación, o relevo xeracional e o traballo no sector. Haberá 10 categorías oficiais que abranguen dende a traxectoria empresarial e a muller rural ata a investigación e a innovación ambiental, ademais dun Premio Especial Semente fóra de concurso. Un xurado técnico de prestixio, composto por personalidades de universidades galegas, consellos reguladores, organizacións agrarias e institucións de desenvolvemento, será o encargado de valorar as candidaturas garantindo obxectividade e transparencia.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA