← Volver Blogs

A escultura da doutora limiá «Olimpia Valencia» de Xosé Lois Carreira.

A escultura da doutora limiá «Olimpia Valencia» de Xosé Lois Carreira.

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O escultor limiao Xoxé Lois Carreira está a traballar arreo para rematar a monumental escultura  da doutora limiá Olimpia Valencia, escultura da que publico varias fotos. O outro día visiteino no seu taller estudo en Parada de Ribeira e atopeino, coma sempre a pleno sol, no alto do andamio, batendo concienzudamente na pedra co mazo e cicel, cuberto de po e suor.
É moi sacrificado o traballo sobre a pedra do noso artista.
Xosé Lois Carreira perfila un dos proxectos máis complexos que acometeu nos últimos tempos. O escultor xa ten avanzado o traballo da monumental estrutura en granito que se colocará diante do hospital Alvaro Cunqueiro da cidade de Vigo. A monumental escultura posiblemente este rematada a finais do mes de setembro.

Para saber máis da traxectoria do artista e escultor limiao Lois Carreira podes ler o seu currículo no meu blog:

A escultura «A Dama da Lagoa» de Xosé Lois Carreira.
[embedded content]

Olimpia Valencia López, nace o 14 de decembro de 1898, en Baltar, foi unha muller aavanzada para o seu tempo ao converterse na primeira licenciada en medicina de Galicia. Filla única, viviu en Vigo desde os doce anos, os seus pais gozaban dunha posición acomodada.
Con 21 anos, en 1919, ingresa na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, en 1925, convértese na primeira muller galega cunha licenciatura en Medicina. Por presións sociais trasládase a Madrid para doutorarse en xinecoloxía.
Ao finalizar os seus estudos regresa a Vigo en 1928, pasando consulta na súa clínica  de cálea Príncipe, nela exercerá medicina xeral e xinecoloxía, a súa especialidade.
Nos anos 40, ingresa na Seguridade Social e segue traballando, mesmo tras a súa xubilación, ata os 82 anos. Seis anos despois, en 1987, falecía en Vigo.
En xullo do ano 2017, a título póstumo, foi nomeada filla predilecta do concello de Baltar.

Para saber más sobre a doutora Olimpia Valencia:
https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2015/04/olimpia-valencia-y-xohan-carballeira.html

Olimpia Valencia, la primera médica de Galicia
[embedded content]

Fonte: historiadexinzo.wordpress.com

Ver noticia completa
blog historia de xinzo Uncategorized
Tamén che pode interesar
O Concello de Xinzo solicita que a Festa do Esquecemento sexa declarada de Interese Turístico Rexional
Blogs O Concello de Xinzo solicita que a Festa do Esquecemento sexa declarada de Interese Turístico Rexional
O Concello de Xinzo de Limia iniciou os trámites para acadar a declaración de Festa de Interese Turístico Rexional para a Festa do Esquecemento, unha celebración consolidada que cada mes de agosto recrea a historia e lendas da romanización na comarca da Limia. A iniciativa, que busca poñer en valor o patrimonio histórico e dinamizar a economía local, conta co respaldo dun exhaustivo informe redactado polo historiador Edelmiro Martínez Cerredelo. Este documento detalla a importancia da recreació…
1 de julio de 2026 2 min lectura
Matadero General de la Limia. Matadero Frigorífico Rubio.
Blogs Matadero General de la Limia. Matadero Frigorífico Rubio.
Foto de propietarios e persoal do matadoiro En xullo de 1943, presenta instancia no Concello de Xinzo Xosé Martínez Rodríguez, veciño de Ourense, en nome de Xosé Marques Buñet, veciño de Valencia, quen manifesta que desexa trasladar a esta vila a fábrica de embutidos e secadoiro que ten instalada na aldea de Tabernes Blanques na provincia de Valencia e construíla no interior da finca da súa propiedade, adquirida ós herdeiros de Andrés Vecino. A finca estaba situada na marxe esquerda da estrada …
21 de abril de 2020 2 min lectura
O escudo e a bandeira municipal do concello de Xinzo de Limia.
Blogs O escudo e a bandeira municipal do concello de Xinzo de Limia.
Escudo proposto polo CSIC de Galicia Deseñouse o actual escudo do concello, aprobado polo Real Decreto 771/1979 do goberno central, na etapa do alcalde de D. José Pérez Rodríguez. O escudo está organizado do seguinte modo: Partido e medio cortado. Primeiro: de prata, a banda de sabre e, posta en orla, a modo de broche sobre a banda, unha cadea de ouro de oito elos. Segundo: de ouro, o galo[1] de goles. Terceiro: de sinople, dúas espigas de ouro pasadas en aspa. O timbre leva coroa real pechada[…
28 de julio de 2018 4 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser