​Aberta a convocatoria 2026 de axudas de apoio a terceiras persoas tramitadas ao abeiro da Intervención LEADER que contará con 1,35 M€ para o territorio do GDR Limia-Arnoia

Dende A Limia

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural publicou no DOG unha nova convocatoria de axudas para a execución de operacións ao abeiro da intervención Leader, dentro do marco do PEPAC 2023-2027. Esta iniciativa conta cun orzamento global de 28.750.000 €, e para o territorio do GDR Limia-Arnoia destínanse 1.352.166,54 €.

Poderán ser beneficiarias persoas físicas e xurídicas, entidades sen ánimo de lucro, entidades públicas locais, comunidades de montes en man común e as súas mancomunidades. As iniciativas deben estar emprazadas no ámbito territorial do GDR Limia-Arnoia e cumprir a normativa sectorial, sen que as inversións comezasen.

Os proxectos produtivos poderán recibir ata o 50% do investimento, cun máximo de 100.000 € de axuda. Para proxectos non produtivos, a axuda poderá chegar ata o 90% do investimento, cun límite de 30.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes é de dous meses dende a publicación no DOG, finalizando o 6 de abril. As persoas ou entidades promotoras terán de 2026 a 2028 para realizar os seus proxectos, cunha execución mínima esixida por fases.

As accións subvencionables inclúen a creación ou ampliación de empresas con actividades non agrarias, proxectos de produción e comercialización agraria e forestal, o Bono Activa Rural e proxectos non produtivos.

O GDR Limia-Arnoia organizará xuntanzas informativas e dispón de oficinas en Allariz, Xinzo de Limia e Celanova, así como o correo electrónico [email protected] para resolver dúbidas.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA