← Volver Diario do Limia

Detectado un foco de gripe aviar en Baltar

Detectado un foco de gripe aviar en Baltar

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) a detección de dous novos focos de influenza aviar de alta patoxenicidade (IAAP) en aves silvestres en Galicia. Os focos localízanse nos concellos de Baltar (Ourense) e Pontevedra.

En concreto, tratase dunha pomba doméstica atopada en Baltar, trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de O Rodicio, e dunha gaivota patiamarilla en Pontevedra, que foi levada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade. Ambas as aves foron mostradas, confirmándose a presenza do virus tras análises no Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid).

Con estes novos casos, Galicia suma xa catro focos notificados no que vai de 2026. A Consellería do Medio Rural sinala que non se detectou ningún caso en aves de corral na comunidade, polo que se lanza unha mensaxe de tranquilidade, aínda que se insiste na necesidade de manter a precaución.

A nivel estatal, o número de focos en aves silvestres ascende a 154 no actual período de vixilancia, sendo seis os notificados desde o 1 de xaneiro de 2026, unha cifra inusualmente elevada en comparación con anos anteriores. A situación en Europa tamén amosa un aumento significativo de casos.

Tendo en conta este contexto epidemiolóxico, a migración estacional das aves silvestres e o descenso das temperaturas, adoptáronse medidas preventivas en todo o territorio nacional desde o 13 de novembro para evitar o contacto entre aves domésticas e silvestres.

A Consellería do Medio Rural fai fincapé na necesidade de extremar as medidas de bioseguridade nas explotacións, tanto industriais como familiares, para evitar o contacto con aves silvestres, así como de intensificar a vixilancia e comunicar inmediatamente calquera sospeita aos servizos veterinarios oficiais. Para aves silvestres, os avisos poden realizarse a través do teléfono 012.

Finalmente, recórdase que o serotipo detectado (H5N1) presenta un carácter zoonótico limitado, e recoméndase non manipular aves enfermas ou mortas, comunicando a súa localización aos servizos veterinarios oficiais.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Baltar Diario do Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Deputación de Ourense reparte máis dun millón de euros en axudas
Diario do Limia A Deputación de Ourense reparte máis dun millón de euros en axudas
A Deputación de Ourense aprobou este luns 41 subvencións que suman 1.106.725 euros. Estes fondos irán destinados a apoiar concellos, empresas e entidades sociais, culturais e deportivas da provincia. Do total do orzamento, 538.850 euros repartiranse entre 28 entidades e colectivos para diversas actividades. As axudas máis destacadas no ámbito rural son: GDR 10 Limia-Arnoia: 56.750 euros para o programa A Terra (21.750 euros en 2025 e 35.000 euros en 2026). D.O. Monterrei: 45.000 euros para ga…
27 de julio de 2026 1 min lectura
Investigan a unha muller por roubar na casa da súa exparella en Sandiás
Diario do Limia Investigan a unha muller por roubar na casa da súa exparella en Sandiás
A Garda Civil de Xinzo de Limia investiga a unha muller de 48 anos por entrar á forza no domicilio da súa exparella, situado na parroquia de Zadagós, en Sandiás, para levar varios obxectos de valor. A muller logrou acceder ao interior da vivenda tras forzar unha fiestra. Unha vez dentro, apoderouse dos seguintes artigos: Unha videoconsola. Un televisor. Ropa e documentación persoal. 750 euros en efectivo. O caso está agora en mans dos xulgados e a muller está a ser investigada por un delit…
5 de agosto de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser