
O Concello de Xinzo suspende os concertos e o Petardazo por seguridade
- Fonte
- Diario do Limia
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 23 xan.
O Concello de Xinzo de Limia suspendeu as actividades principais previstas para mañá, sábado 24 de xaneiro, na Praza Carlos Casares debido á imposibilidade de desprazar o camión do Posto de Mando Avanzado (PMA). A AXEGA comunicou esta imposibilidade debido á alerta por climatoloxía adversa. A presenza do PMA é un requisito indispensable para garantir a seguridade e cumprir coa normativa.
Quedan canceladas a actuación da orquestra Origen, o concerto de Henry Méndez e o acto do Petardazo. O reloxo da Praza Carlos Casares permanecerá apagado como sinal da suspensión.
Para manter o espírito do Entroido, haberá animación musical por diversas rúas da vila a partir das 22:00 horas coa disco móbil Apocalipsis, Xituma Batuke e a Charanga Achicoria.
O Concello lamenta a decisión, pero subliña que a seguridade da veciñanza e dos visitantes é a prioridade absoluta ante a imposibilidade de contar cos medios de coordinación técnica necesarios.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →


