Venres, 20 de novembro Xinzo 11° Garda: PRIETO VIVANCO-CONDE C.B
Dende A Limia

A POLICÍA LOCAL ABRE UN EXPEDIENTE CONTRA DOUS LOCAIS E UN PERFIL DE INSTAGRAM POR PROMOCIÓN ILEGAL DE ALCOHOL

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Publicada
21 xan.
Ver a noticia orixinal

A Xefatura da Policía Local deulle traslado á Consellería de Benestar dun informe detallado onde se sinalan posibles infraccións graves á normativa sobre prevención do consumo de alcol en menores. A investigación, iniciada de oficio pola Policía Local tras unha rastreaxe na rede social Instagram, recompilou probas dunha promoción que presuntamente vulnera a Lei 11/2010.

No informe identifícanse como responsables tres entidades: dous establecementos comerciais e o titular da conta de Instagram que difudiu a publicidade. A campaña utilizaba tácticas prohibidas pola lei, como o agasallo de “chupitos” e a invitación ao consumo gratuíto, prácticas que a normativa veta para evitar o fomento do consumo abusivo de alcol.

As autoridades subliñan que estas promocións realizáronse nunha contorna dixital onde non existe control de acceso para menores de idade, como é o caso de Instagram, plataforma frecuentada por mozos de 16 e 17 anos. Isto agrava a infracción ao expor a este colectivo a publicidade de bebidas alcohólicas cuxa venda e promoción lles está restrinxida.

A decisión final sobre o inicio dun expediente sancionador e a imposición de posibles multas corresponde agora á Consellería de Benestar, organismo competente para actuar tras a denuncia da Xefatura da Policía Local. A denuncia inclúe capturas de pantalla, datos dos titulares e o criterio técnico que sustenta o suposto incumprimento normativo.

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser