
Planta de Biofertilizantes e Biometano en Xunqueira de Ambía
- Fonte
- Dende A Limia
- Publicada
- 3 out. 2025
A empresa galega Biofertilizantes e Biometano Sertogal Xunqueira, froito da alianza entre Sertogal e Biofer km0 (filial de Ence), planea construír unha planta en Xunqueira de Ambía para transformar residuos de granxas da Limia en biofertilizantes e gas renovable.
O proxecto, cun investimento de 25 millóns de euros, busca producir 25.000 toneladas anuais de fertilizante orgánico sólido e un 10% de biometano renovable, valorizando 140.000 toneladas anuais de biomasa agrícola, gandeira e agroalimentaria procedente da contorna.
A planta evitará a contaminación de acuíferos por nitratos e ofrecerá unha solución sostible para a xestión de subprodutos aos gandeiros locais. Prevese a creación de 80 empregos directos e indirectos na fase de operación e ata 150 durante a construción.
Actualmente, o proxecto atópase en exposición pública dentro do procedemento de autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental.


