
1.000 alegacións contra a planta de biometano de ENCE en Xunqueira de Ambía
- Fonte
- Dende A Limia
- Publicada
- 14 nov. 2025
Veciños, activistas e colectivos ecoloxistas de Allariz, A Limia e Celanova reuniron 1.000 alegacións en tres semanas contra o proxecto de ENCE para instalar unha planta de biometano e fotovoltaica en Xunqueira de Ambía, preto da Zona de Protección de Aves da Lagoa de Antela.
As alegacións, rexistradas en concellos e na Subdelegación do Goberno en Ourense, denuncian as eivas do proxecto e o seu impacto na contaminación por nitratos das augas do Limia, agravando o problema existente e poñendo en risco a saúde da poboación.
Ademais das alegacións populares, o goberno municipal de Xunqueira de Ambía e a Sociedade Galega de Historia Natural tamén presentaron escritos de oposición.


