
Presentada a 19ª edición do Outono Gastronómico en Galicia
- Fonte
- Dende A Limia
- Publicada
- 16 set. 2025
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou unha nova edición do Outono Gastronómico, que busca dinamizar o turismo rural combinando gastronomía e oferta de casas rurais fóra da tempada alta.
Nesta edición participan 78 establecementos de toda Galicia: 21 na Coruña, 22 en Lugo, 16 en Ourense e 19 en Pontevedra. Un 14% (11 establecementos) están situados en concellos afectados polos incendios do verán, aos que se pretende dar un apoio especial.
O programa, que se desenvolve dende o 19 de setembro ata o 21 de decembro, ofrece menús, paquetes de estadía dunha noite, fins de semana e fins de semana familiares. Ademais, 26 establecementos ofertan o “Outono Plus” con actividades complementarias.
Nas 18 edicións anteriores, o Outono Gastronómico xerou 6,6 millóns de euros e contou coa participación de máis de 100.000 persoas.