← Volver Dende A Limia

Volve o «Outono Gastronómico no Turismo Rural»

Volve o «Outono Gastronómico no Turismo Rural»

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do xefe de área de Turismo, Cecilio Santalices, e da alcaldesa, Rebeca Sotelo, presentou esta mañá no establecemento ‘Garandela Turismo Rural’ en Cenlle, a 20ª edición da campaña Outono Gastronómico no Turismo Rural co obxectivo de promover  nosa singular gastronomía en combinación coas agradables estadías nas casas de turismo rural da nosa comunidade con modalidades e prezos moi atractivos. O delegado da Xunta explicou que nesta 20ª edición, son 14 os establecementos da provincia de Ourense que participan nesta iniciativa consolidada dende o 18 de setembro ata o 20 de decembro, co fin de dinamizar o turismo no eido rural e favorecer a desestacionalización neste período e impulsar o sector do turismo rural.Tamén detallou que, como outros anos, hai distintas modalidades: Menú Outono gastronómico -sen aloxamento-, Paquete Outono gastronómico -para estadías dunha noite-, Fin de Semana Outono gastronómico -para dúas noites- e Outono Plus, que engade actividades á programación da fin de semana, como paseos a cabalo, surf, sendeirismo ou visitas a adegas.Manuel Pardo sinalou que esta proposta, creada en 2007 en colaboración coa rede de establecementos de Turismo Rural de Galicia, alíñase cos obxectivos da Estratexia de Turismo 2030 da Xunta de Galicia, ao avanzar na desestacionalización da oferta e na redistribución territorial, constituíndo un importante apoio para a promoción do turismo rural.Neste marco, lembrou as máis de 110.000 persoas que participaron ao longo das edicións anteriores e que xeraron no sector turístico rural máis de 7,3 millóns de euros coas súas estadías nos establecementos de turismo rural adheridos ao programa en toda Galicia.Promoción da campañaDurante a presentación, Manuel Pardo resaltou que Turismo de Galicia desenvolveu unha ampla campaña de visibilidade en medios e soportes físicos e dixitais. Entre o 7 de setembro e o 7 de outubro estanse a realizar accións de publicidade en buses urbanos e metropolitanos na cidade de Ourense (5 autobuses). A estratexia complétase con accións en redes sociais e en medios audiovisuais, con cobertura en toda Galicia, o norte da Península, o norte de Portugal e Cataluña. A estratexia promocional refórzase coa colaboración de 10 creadores de contidos, convidados durante as dúas primeiras fins de semana da campaña (18-20 e 25-27 de setembro), co compromiso de realizar publicacións nas súas redes sociais.Ademais, desde o 7 de setembro está operativo un espazo específico na web de Turismo de Galicia, con toda a información da iniciativa e coa guía informativa dispoñible para descarga. Finalmente, como apoio á difusión, Turismo de Galicia editou 8.400 guías informativas e 500 carteis, distribuídos entre os establecementos participantes, aproximadamente 90 oficinas de Turismo de Galicia, a Oficina de Turismo de Madrid (Casa de Galicia) e as catro Áreas Provinciais de Turismo da Xunta de Galicia, garantindo así unha ampla presenza da campaña tanto nos establecementos como nos principais puntos de información turística.Establecementos adheridosAdemais deste establecemento, os adheridos á campaña deste ano son ‘Vila Centellas’ e ‘La Rectoral de San Eusebio’ en Coles, ‘Reitoral de Chandrexa’ en Parada de Sil, ‘Eido das Estrelas’ na Veiga, ‘Casa Ramirás’ en Ramirás, ‘Casa Rural Vilaboa’ en Allariz, ‘Rectoral de Ansemil’ en Celanova, ’Casa Sabariz’, ‘Rectoral de Candás’ e ‘Aldea Rural Santo André’ en Rairiz de Veiga, ‘Casa a Rousía’ en Baltar, ‘O Retiro do Conde’ en Monterrei, e ‘Casa da Feira’ en Lobios.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Xinzo encheu as súas rúas co desfile anual de Entroidos
Dende A Limia Xinzo encheu as súas rúas co desfile anual de Entroidos
O concello de Xinzo celebrou onte o seu desfile anual de Entroidos. A cita, organizada pola Concellería de Festexos e Xuventude en colaboración con Turismo de Galicia, percorreu as rúas da vila. O evento, que contou cunha importante presenza de pantallas, serviu para poñer en valor unha das tradicións máis recoñecidas da nosa xeografía.
6 de septiembre de 2026 1 min lectura
Un sábado repleto para o A.B.Xinzo
Dende A Limia Un sábado repleto para o A.B.Xinzo
SeniorAinda non comezou a liga, pero que mellor adestramento que xogar partidos amigables. Desta quenda xogaron con Taula e contra o Bosco. A competición comeza o 10 de outubro. JuniorAs xogadoras do Junior Femenino, xogaron o sábado a maña contra Carmelitas, con vitoria clara para as de Ourense (81-45). CadeteOs Cadetes Masculinos 2011, acadaron a vitoria en casa o sábado a tarde (94-27). As Cadetes Femenino 2012, son equipo de primeiro ano e xogaron o seu primeiro partido na casa contra Blanco…
28 de septiembre de 2026 2 min lectura
Delegación internacional visita Xinzo para coñecer a xestión municipal galega
Dende A Limia Delegación internacional visita Xinzo para coñecer a xestión municipal galega
Un grupo de responsables políticos e académicos de México, Ecuador e Bolivia visitou esta semana Xinzo de Limia para estudar como funciona o noso concello e a administración local en Galicia. A delegación, que participa nun curso internacional de liderado organizado polo Instituto Internacional de Marketing e Comunicación (IMC), mantivo un encontro co alcalde, Amador Díaz. O obxectivo da visita foi intercambiar experiencias sobre a xestión de servizos públicos e os retos de gobernar territorios…
2 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser