A Deputación atenderá o 100 % das axudas solicitadas para a adaptación funcional de vivendas de maiores de 65 anos

Dende A Limia

Deputación de Ourense concede o 100% das axudas para adaptación de vivendas a maiores

A Deputación de Ourense aprobará todas as 55 solicitudes presentadas para a liña de axudas destinada á adaptación funcional de vivendas para persoas maiores de 65 anos.

Un total de 100.000 euros serán distribuídos entre 35 concellos da provincia, beneficiando a veciños de Amoeiro, Bande, Barco de Valdeorras, Os Blancos, Castrelo de Miño, Cenlle, Cualedro, Entrimo, Esgos, A Gudiña, Lobeira, Lobios, Manzaneda, Melón, Muíños, Nogueira de Ramuín, Oímbra, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, Petín, Piñor, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Riós, A Rúa, Toén, A Veiga, Verín, Viana do Bolo, Vilardevós, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

As axudas cubrirán tanto o aluguer de elementos técnicos como camas articuladas ou salvaescaleras, como a adaptación ou reforma da vivenda habitual, sempre que melloren a calidade de vida dos beneficiarios. Os solicitantes debían ser maiores de 65 anos (ou cumprilos en 2025), estar empadroados nun concello de menos de 20.000 habitantes e ter unha renda non superior a 3 veces o IPREM.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA