
Nova sesión informativa sobre o novo Regulamento de Estranxeiría en Xinzo
- Fonte
- Dende A Limia
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 2 abr. 2025
O subdelegado do Goberno en Ourense inaugurou unha xornada informativa en Xinzo de Limia para explicar os cambios no Regulamento de Estranxeiría. A xefa da Oficina de Estranxeiría e outros funcionarios da Subdelegación impartiron a charla, a segunda dunha serie destinada a informar á poboación migrante da provincia sobre a nova lexislación. Segundo o subdelegado, a norma busca dar resposta ás necesidades dos migrantes, á situación demográfica e ao mercado laboral, ofrecendo seguridade xurídica para os seus proxectos de vida.
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, inaugurou esta mañá na Casa da Cultura de Xinzo de Limia unha nova sesión informativa sobre o novo Regulamento de Estranxeiría.
Trátase da segunda dunha serie de charlas, impartidas pola xefa da Oficina de Estranxeiría, Josefina Rodríguez, e funcionarios da Subdelegación, que se están a levar a cabo nas capitais de comarca da provincia coa finalidade de achegar a toda a poboación migrante os cambios nesta lexislación.
Eladio Santos insistiu en que con esta norma o Goberno central busca “responder ás necesidades das persoas migrantes, da actual situación demográfica e do mercado laboral”. “Sempre con seguridade xurídica, para que as persoas que veñen a comezar un proxecto de vida, persoal e laboral, poidan logralo, ao contrario doutras administracións autonómicas que fan manobras obstrucionistas para a regulación, e incluso rexeitan o acollemento de menores e propoñen a súa expulsión do país”, salientou.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →


