
Xinzo de Limia acolleu este mércores unha nova sesión informativa do novo Regulamento de Estranxeiría
- Fonte
- La Región
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 3 abr. 2025
O Concello de Xinzo de Limia acolleu unha xornada informativa sobre a nova normativa de estranxeiría, que entrará en vigor o 20 de maio. A xornada, dirixida a inmigrantes, servizos sociais e ONGs, contou coa presenza do subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e membros do goberno local. O obxectivo foi dar a coñecer as novas posibilidades e vías de acceso que ofrece o regulamento, aprobado o pasado novembro, e que busca dar resposta ás necesidades dos migrantes, á situación demográfica actual e ao mercado laboral. Unha das medidas que introduce é a de impedir o uso do asilo para obter permisos de traballo temporais, o que podería afectar a persoas xa asentadas na provincia.
Xinzo de Limia acolleu este mércores unha nova sesión informativa do novo Regulamento de Extranxeiría que entrará en vigor o próximo 20 de maio. A exposición tivo lugar na Casa da Cultura do Concello ás 11,00 horas e estivo presente Eladio Santos, subdelegado do Goberno en Ourense, acompañado de membros do grupo de goberno limiao.
É a segunda edición da serie de charlas impartidas pola xefa da Oficina de Extranxeiría, Josefina Rodríguez, e funcionarios da Subdelegación. Estánse celebrando nas capitais de comarca da provincia para “dar información, neste caso na da Limia que ten un gran contixente de inmigrantes, sobre este novo regulamento” comentou Eladio Santos,”e as posibilidades e vías de acceso que ten tanto ós cidadáns interesados coma os servicios sociais e ong”.
O regulamento foi aprobado o pasado mes de novembro e busca “responder ás necesidades das persoas migrantes, da actual situación demográfica e do mercado laboral”, explicou o subdelegado. Esta nova normal impedirá que a figura do asilo se use para obter un permiso de trabajo temporal, lo que dejará en situación irregular a personas que llevan meses asentadas, obligandolas a abandonar sus empleos. La espera será de hasta dos años para que los afectados puedan volver a conseguir su residencia.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →


