← Volver La Voz de Galicia

O Entroido, Ben de Interese Cultural

O Entroido, Ben de Interese Cultural

Fotografía de arquivo. A Limia News.

MIGUEL VILLAR

04 mar 2025. Actualizado ás 11:58 h.

O Entroido incorpórase á lista oficial de Bens de Interese Cultural (BIC), na que xa figuran arredor de 800 bens mobles e inmobles por toda Galicia: igrexas, castelos, pazos, petróglifos, esculturas, libros, torres, castros, mámoas, etc. Ata o momento, o número de bens inmateriais catalogados (entre eles, algúns entroidos singulares como o de Santiago de Arriba, en Chantada) era bastante reducido.

Este recoñecemento ten un importante valor simbólico, aínda que as súas repercusións prácticas no desenvolvemento desta festa popular, que se celebra ano tras ano en aldeas, vilas e cidades de toda Galicia, serán escasas ou nulas. Con todo, supoño que contribuirá a reforzar o seu atractivo nos paquetes turísticos. Cómpre lembrar que algúns entroidos xa ostentan recoñecementos como festas de interese turístico, incluso de nivel internacional, como o de Xinzo de Limia, en Ourense.

O Entroido (carnaval, antroido, entruido…) é unha festa singular, única, a gran festa das festas, configurada na Baixa Idade Media como oposición á Coresma cristiá. Ao longo dos séculos transformouse no que Méndez Ferrín definiu como un «pozo negro de residuos culturais arcaicos». Desprovidos do seu significado orixinal, fóronse incorporando elementos de orixe romana, prerromana e católica, así como influencias do carnaval urbano máis sofisticado e exhibicionista, propio das elites sociais e económicas europeas. O resultado: unha festa rica, variada e poliédrica.

Os profundos cambios sociais das últimas décadas reflictíronse na forma de vivir o lecer festivo. Pero, hoxe como onte, cambiar de identidade, aínda que sexa por unhas horas, mantén o seu encanto. A máscara, a risa, a sátira, a imaxinación e a creatividade seguen a nutrir o crecemento exponencial do carnaval galego nos últimos anos. E non só nas zonas con forte tradición local, senón tamén en moitas vilas e cidades que adoptaron a costume de disfrazarse, invadir as rúas e gozar dunha festa diferente ás habituais e estandarizadas.

Federico Cocho é autor do libro «Carnaval en Galicia».

Archivado en: Carnaval, Escultura, Libros, Residuos, Xinzo de Limia

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Carnaval Chantada Escultura La Voz de Galicia Libros Ourense ciudad prensa Religión Residuos Sociedad Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
O acordeonista internacional Serhii Sapun actúa e dará clases en Xinzo de Limia
La Voz de Galicia O acordeonista internacional Serhii Sapun actúa e dará clases en Xinzo de Limia
O Conservatorio de Xinzo de Limia recibe este xoves 22 de outubro ao recoñecido acordeonista Serhii Sapun, gañador do 75º Trofeo Mundial de Acordeón. O músico ofrecerá un concerto gratuíto e aberto ao público no Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo: Data: Xoves, 22 de outubro. Hora: 20:00 horas. Ademais do recital, Sapun impartirá clases maxistrais para estudantes e músicos interesados os días 22 e 23 de outubro. As persoas que queiran asistir a estas sesións formativas deben inscribirse pr…
19 de octubre de 2026 1 min lectura
A Garda Civil desarticula en Ourense unha rede de estafas amorosas que gañou 225.000 euros
La Voz de Galicia A Garda Civil desarticula en Ourense unha rede de estafas amorosas que gañou 225.000 euros
Unha veciña de Ourense perdeu 30.000 euros tras ser enganada por unha trama criminal que se facía pasar por un médico militar. A operación policial rematou coa detención de dúas persoas en Bilbao e a investigación dun terceiro implicado. A vítima contactou a través de Facebook cun perfil falso que, durante meses, finxiu manter unha relación sentimental con ela. Aproveitando esta confianza, os estafadores fixéronlle enviar os cartos mediante transferencias, compras de tarxetas de videoxogos e en…
8 de octubre de 2026 2 min lectura
Antón Riveiro Coello presenta en Boiro a súa novela 'Os abandonos'
La Voz de Galicia Antón Riveiro Coello presenta en Boiro a súa novela 'Os abandonos'
O escritor Antón Riveiro Coello presentou este venres no Centro Social de Boiro a súa nova novela, Os abandonos, un libro que afonda nas complexas relacións familiares e na dura realidade da demencia. A trama céntrase na figura de Lucía e a súa irmá Susana, quen se ven na obriga de ingresar a súa nai, Delfina, nunha residencia ao sufrir esta unha dependencia avanzada. O relato explora o conflito xeracional e o peso das vivencias pasadas, como o internamento da protagonista na súa infancia. Alg…
26 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser