
Traballos de conservación nos ríos da demarcación Miño-Sil
- Fonte
- Diario do Limia
- Concello
- Rairiz de Veiga
- Publicada
- 25 feb. 2025
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa cos traballos de conservación e mellora dos ríos da demarcación. Esta semana inicianse as actuacións programadas no río Limia e no rego de Alongos, no seu paso polos concellos ourensáns de Xinzo de Limia e Toén.
Así mesmo, continúan os traballos no río Bidueiro en Rairiz de Veiga. Estas actuacións mellorarán a capacidade hidráulica dos leitos evitando os obstáculos ao paso da auga. Os traballos consisten basicamente na retirada de árbores secas, derruídas ou con estabilidade comprometida, e na eliminación de elementos arrastrados pola corrente que obstruín o leito.
Particularidades dos traballos no río Limia
Os traballos a realizar no tramo urbano de Xinzo de Limia executaranse en 2 fases. Agora levarase a cabo a primeira fase, que consiste na tala, troceado, apilado e retirada das árbores secas en pé con risco de caída sobre o dominio público hidráulico e zona de servidume.
Ademais, procederase á retirada por arranque, co sistema radicular incluído, dos exemplares illados da especie exótica invasora Cortaderia selloana (plumero). Unha vez arrancados, deixarase secar o sistema radicular ao aire e os tallos florais introduciranse en bolsas herméticas para evitar a dispersión das sementes.
Na segunda fase, que se desenvolverá en época estival pola necesidade de traballar con baixos calados, procederase á retirada dos brotes de salgueiro en dominio público hidráulico que diminúen a capacidade de desaugue do leito. Para iso, cortarase e posteriormente destoconaranse os exemplares e/ou cepas que nacen no leito do cauce e influín considerablemente no bloqueo dos fluxos de sólidos. Non se destoconarán árbores que nacen en taludes laterais para manter a súa función de estabilización dos mesmos.
A inversión estimada á finalización das actuacións enumeradas superará os 140.000 euros.
Saber máis · Descubre A Limia
Rairiz de Veiga
1.154 habitantes · 8 parroquias
Coñecer o concello →


