A Limia, comarca ourensá, eríxese como un referente agrícola galego pola profesionalidade e calidade dos seus produtos. O sector primario é o piar da súa economía, sociedade e medio ambiente. A produción alimentaria, que inclúe pataca, cereal e carne, impulsa unha economía circular e a creación de emprego. As explotacións agrarias, comprometidas coa sustentabilidade, cumpren a normativa e aplican boas prácticas. A protección do medio ambiente é unha prioridade para o sector, base de Indicacións Xeográficas Protexidas como Ternera Gallega ou Pataca de Galicia. Adegal defende os intereses da Limia ante acusacións infundadas, que prexudican a súa imaxe e poñen en risco sectores como o turismo. Sublíñase a necesidade de investigar as causas da contaminación, considerando outros factores ademais do agroganadeiro, e a importancia de mellorar a depuración de augas residuais e o mantemento das infraestruturas agrarias.
A zona da Limia, na provincial de Ourense, é a comarca agrícola por excelencia en Galicia, caracterizada pola súa profesionalidade e pola calidade dos seus produtos, ademais de ser o sector primario o pilar fundamental a nivel económico, social e medioambiental.
Imprescindible é entender que producimos alimentos, exemplo desta afirmación son os 130.000.000 de kg de patata, 40.000.000 de kg de cereal, e a principal comarca produtora de carnes e os seus derivados, tanto en porcino, en avícola como en vacuno.
Esto a su vez xera unha economía circular e o aproveitamento dos recursos propios das explotacións, desenvolvendo un tecido empresarial de transformación, cunha constante ampliación de postos de traballo e incorporación de xóvenes.
Todas as explotacións realizan analíticas dos solos, contan con asesores externos inscritos no ROPO da Consellería de Medio Rural e levan a trazabilidade dos seus produtos, ademais do cumprimento do Real Decreto para a nutrición sostenible dos solos agrarios, do Código Gallego de Boas Prácticas Agrícolas e das leis a nivel Autonómico, Estatal e da Comunidade Europea.
Desde o sector agrícola e gandeiro cúmprese coa filosofía de producir conservando o medio do que se dispón como seña de identidade e de calidade diferenciada nos seus produtos, sendo a Limia a base de provisión de Indicacións Xeográficas Protexidas, Ternera Gallega, Pan de Cea, Pan Galego, Pataca de Galicia, Mel de Galicia.
Consecuentemente, o sector agrícola e gandeiro son os principais interesados en proteger o medio no que viven, traballan e producen, que pasarán aos seus fillos tras o relevo, e que consideran fundamental o seu bo mantemento para seguir formando parte da produción de alimentos de calidade diferenciada.
A motivación de Adegal é e será velar polo cumprimento da legalidade vixente e pola defensa e o impulso da Limia, ante atentados cuya única finalidade sexa desprestigiar ao sector.
A nosa comarca estase vendo constantemente criminalizada, sendo o sector agroganadeiro o máis afectado, sen fundamentos científicos de ningún tipo nin criterio, con acusacións falsas que están xerando unha alarma social na poboación, difamando unha comarca puntera nas súas producións, e dañando gravemente a proxección da imaxe da Limia no exterior, poñendo en risco tamén outros sectores como o turismo.
De existir algún punto de supuesta contaminación, habrá que analizar a verdadeira causa u orixe da mesma, non se pode constatar como única fonte de contaminación o sector agroganadeiro e han de analizarse outros factores contaminantes.
A Administración ten o coñecemento do mal funcionamento, e nalgúns casos a inexistencia de sistemas de depuración de augas residuais, nunha zona con poboacións dispersas que dificultan o seu tratamento.
Ademais, hai que añadir que o mantemento e conservación das marxes de cauces, canles e ríos é deficiente, o que ano tras ano provoca pérdidas millonarias nos cultivos, con reiteradas inundacións, perdéndose a capacidade drenante nestas infraestructuras agrarias.
Independientemente de que os datos avalan as boas praxis do sector, perfectamente organizado e en cumprimento da normativa vixente e do máximo respeto ao medio ambiente, somos conscientes de que debemos ser competitivos e sostenibles, mellorando día a día con novas técnicas e tecnologías.
Fonte: 21noticias.com
