O río Limia seca en Xinzo pola falta de chuvia
A falta de precipitacións durante o mes de outubro deixou o río Limia, ao seu paso por Xinzo, con treitos completamente secos. Esta situación repítese tamén noutros puntos da provincia, como no río Barbaña en Ourense. O problema principal é que en outubro apenas caeron 12 litros de chuvia por metro cadrado en Xinzo, cando a media histórica para este mes é de 90 litros. Isto supón que choveu un 87 % menos do habitual. As consecuencias desta seca son visibles para a veciñanza: O caudal…
