Desarticulada en Ourense unha rede que movía 20 millóns ao ano en produtos falsificados
A Garda Civil e a policía portuguesa detiveron a seis persoas por distribuír roupa e calzado falsos desde Verín e Xinzo de Limia. A operación, que rematou co ingreso en prisión dos arrestados, permitiu incautar máis de 109.000 artigos de luxo falsificados. A rede operaba entre Ourense e o norte de Portugal para agochar o seu negocio ilegal, que xeraba uns 20 millóns de euros ao ano. A mercancía, de alta calidade e mesmo con códigos QR clonados para parecer real, distribuíase mediante…

