Representantes da Asociación de Municipios do Camiño Mozárabe visitan a provincia de Ourense
Unha vintena de representantes da Asociación de Municipios do Camiño Mozárabe realizaron unha viaxe organizada polo GDR Limia-Arnoia para un intercambio de experiencias sobre a xestión do Camiño Portugués. Durante a visita, coñeceron o Ecoespazo de O Rexo, e os concellos de Allariz e Xinzo de Limia. Tamén teñen previsto visitar Celanova e reunirse coa Xunta de Galicia. O obxectivo desta "inmersión técnica" é aprender e compartir estratexias para a mellora da xestión do Camiño.
