← Inicio
Etiqueta

Área social

15 artigos

Como facerse socia ou socio?
Antela FC Como facerse socia ou socio?
Campaña de Abonos do Antela F.C. O Antela F.C. lanza a campaña de abonos para a tempada actual, aberta ata o 30 de novembro de 2025. Tipos de abono e prezos: Abono 2000: 50 euros Xeral: 80 euros Familiar: 150 euros (dous carnés), 220 euros (tres carnés) Protector: 120 euros Patrocinador: >250 euros (tamén dispoñible para empresas) Como facerse abonado: Ingresar a cantidade correspondente na conta: ES34 3070 0042 6561 7694 6629. Indicar o NOME, APELIDOS e DNI no ingreso. Recoller o car…
7 de octubre de 2025 1 min lectura
O Antela acompaña a Luis Menor na visita ás obras na Moreira
Antela FC O Antela acompaña a Luis Menor na visita ás obras na Moreira
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou o campo de fútbol da Moreira en Xinzo de Limia, onde a Deputación investiu 119.995 euros na súa reforma. Acompañado polo alcalde Amador Díaz, a concelleira de Deportes Cristina Campero, e representantes do Antela F.C., Menor supervisou a creación dunha sala de reunións, aseos e zona recreativa, ademais da reforma do tellado e acceso ás bancadas. As obras, que pretenden mellorar a funcionalidade para afección e clubs, teñen previsto o r…
17 de septiembre de 2025 1 min lectura
Reunión entre o Antela F.C. e o Concello de Xinzo por axudas
Antela FC Reunión entre o Antela F.C. e o Concello de Xinzo por axudas
O presidente do Antela F.C., Pablo Losada, e directivos reuníronse con representantes do goberno municipal de Xinzo de Limia, Cristina Campero (concelleira de Deportes) e Antonio Fernández (tenente de alcalde), na Casa do Concello. O obxectivo foi abordar as axudas municipais ao club para a próxima tempada. Segundo Losada, a reunión foi positiva e o goberno local mostrou boa disposición. Prevese unha nova xuntanza para tratar este e outros temas relevantes para a vindeira campaña.
24 de abril de 2025 1 min lectura
Premios Xogador do Mes no Antela
Antela FC Premios Xogador do Mes no Antela
Distincións aos xogadores máis destacados do Antela, recoñecidos pola afección e homenaxeados coa arte de Xosé Lois Carreira. BRUNO PÍO (setembro), XABI LAMAS (outubro), JORGINHO (novembro), ÁLEX BOÁN (decembro), ANTÓN (xaneiro-febreiro) e CARLOS (marzo) recibiron o debuxo do escultor limiao Xosé Lois Carreira que os distingue como Xogador do Mes, en cada un dos períodos nos que a afección tivo ocasión de sinalar ao seu favorito. O propio Xosé Lois Carreira, xunto co exconcelleiro de Deportes,…
8 de abril de 2025 1 min lectura
Xosé Lois Carreira crea agasallo para futbolistas do Antela
Antela FC Xosé Lois Carreira crea agasallo para futbolistas do Antela
O artista Xosé Lois Carreira, vinculado ao Antela, creou un debuxo a plumiña e lapis de cores dun futbolista para agasallar aos xogadores distinguidos do club. A entrega das primeiras láminas enmarcadas realizarase nos prolegómenos do partido contra o Córgomo, recoñecendo a Bruno Pío, Jorginho, Xabi Lamas, Álex Boán e Antón como Xogadores do Mes. Xosé Lois Carreira (Parada de Ribeira, Xinzo da Limia, 1971), artista multidisciplinar, escultor, pintor. Licenciado en Belas Artes pola Facultade de …
27 de marzo de 2025 2 min lectura
Xa es socia? Falta un empuxón para o ascenso: colabora co Antela!
Antela FC Xa es socia? Falta un empuxón para o ascenso: colabora co Antela!
Xa es socia ou socio do Antela? FALTA UN EMPUXÓN MÁIS PARA ACADAR O OBXECTIVO DO ASCENSO: ANÍMATE E PARTICIPA! Campaña de abonos para a 2ª volta de competición (xaneiro-maio).PREZOS REBAIXADOS. Elixe o teu carné abono 2000 🔖 15 eurosxeral 🔖 30 eurosfamiliar 🔖 50 euros [dous carnés] como empresa tamén podes ser socio-protector 🔖 100 euros ou socio-patrocinador 🔖 desde 230 euros Ingresa a cantidade correspondente na conta 👉 ES3430700042656176946629 👈 Indica o teu NOME e APELIDOS, e DNI. ✏️ Recolle…
10 de enero de 2025 1 min lectura
Con VAR, mais sen café
Antela FC Con VAR, mais sen café
O Antela despediu o ano no Fernández Carrera con humor e moito frío nun partido a beneficio do Banco de Alimentos de Xinzo que enfrontou onte ao equipo xuvenil cun combinado de directivos, adestradores e nais e pais. Recolléronse 110 quilos de alimentos que o club entregou a mesma tarde no Banco. Foi a parte seria dunha xornada na que o combinado luciu o uniforme titular, as camisolas branquinegras, que non puideron disimular barrigas flagrantes e un estado físico xeral preocupante. Enfronte, os…
29 de diciembre de 2024 2 min lectura
Os xuvenís, na Gala do Deporte 2024
Antela FC Os xuvenís, na Gala do Deporte 2024
Unha delegación do Antela F.C. encabezada polo presidente, Pablo Losada, acompañou onte aos integrantes do equipo xuvenil da tempada pasada e da actual na Gala do Deporte 2024 de Xinzo de Limia que se celebrou no Pavillón de Deportes, organizada pola Concellería de Deportes. Os futbolistas xuvenís do Antela subiron ao escenario, co seu adestrador, Juan Forri, como nominados ao premio na categoría de Mellor Equipo de Base. O galardón recaeu finalmente no equipo de fútbol infantil das Escolas Depo…
24 de diciembre de 2024 1 min lectura
Cesta de Nadal para os xuvenís con produtos da Serra do Larouco
Antela FC Cesta de Nadal para os xuvenís con produtos da Serra do Larouco
Onte foi un día de agasallos e celebracións en irmandade na despedida do ano no Antela Fútbol Club. O primeiro equipo reuniu onte 36 comensais, entre corpo técnico, xogadores e directivos nunha cea no restaurante La Romana, un dos clásicos da restauración en Xinzo e patrocinador desde hai anos do club. Para hoxe está prevista a cea do filial, con 28 asistentes nun renovado local en Xinzo: o Asador Tinto Leman. Tamén onte, despois do adestramento, os xuvenís recibiron unha cesta de Nadal composta…
21 de diciembre de 2024 1 min lectura
A Moreira celebra un outono espléndido
Antela FC A Moreira celebra un outono espléndido
Os tres equipos do Antela, os adestradores e a directiva, máis algúns dos veteranos, celebraron o venres pola noite na Moreira o magosto de confraternización de cada mes de novembro. Foi despois da última sesión preparatoria dos tres equipos, que esta fin enfrontan compromisos importantes nas súas respectivas competicións para avanzar no camiño dos obxectivos. Cociñou a directiva e celebraron futbolistas e técnicos no bar do Estadio da Moreira, que a medida que o club medra vaise quedando pequen…
16 de noviembre de 2024 1 min lectura