← Volver Antela FC

Xosé Lois Carreira crea agasallo para futbolistas do Antela

Xosé Lois Carreira crea agasallo para futbolistas do Antela

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O artista Xosé Lois Carreira, vinculado ao Antela, creou un debuxo a plumiña e lapis de cores dun futbolista para agasallar aos xogadores distinguidos do club. A entrega das primeiras láminas enmarcadas realizarase nos prolegómenos do partido contra o Córgomo, recoñecendo a Bruno Pío, Jorginho, Xabi Lamas, Álex Boán e Antón como Xogadores do Mes.

Xosé Lois Carreira (Parada de Ribeira, Xinzo da Limia, 1971), artista multidisciplinar, escultor, pintor. Licenciado en Belas Artes pola Facultade de Leioa (Bilbao) en 1994 na especialidade de Pintura e Procesos e Técnicas de Escultura, segundo figura na súa ficha de autor no Museo da Limia, tamén é afeccionado ao fútbol e pai de futbolista. Dada a súa vinculación co Antela, o club pediulle que crease algunha peza susceptíbel de reproducir como pequeno agasallo para os futbolistas que esta tempada teñen sido distinguidos pola afección como Xogador do Mes.

O resultado foi o debuxo a plumiña e lapis de cores dun futbolista co equipamento branquinegro sobre unha lámina de 40×30 que, enmarcada, será entregada a cada un dos distinguidos esta tempada.

“A miña primeira idea era facer un trofeo máis ao uso, unha peza tridimensional… mais xurxiu un bosquexo e cun motivo acorde ao tema, e así o enfoquei: un debuxiño dun zurdo a piques de golpear o balón”, explica o autor.

Está previsto que a entrega das primeiras seis láminas (correspondentes aos meses de setembro, outubro, novembro, decembro, xaneiro-febreiro e marzo) se faga nos prolegómenos do seguinte partido na Moreira, que se disputará en abril contra o Córgomo de Vilamartín de Valdeorras, e que Xosé Lois Carreira participe no acto.

Os cinco primeiros afortunados son, por orde cronolóxica: Bruno Pío, Jorginho, Xabi Lamas, Álex Boán e Antón.

O Xogador do Mes en marzo inda está por elixir, e a votación celebrarase a próxima semana.

Fonte: antela.fala.gal

Ver noticia completa
ACTUALIDADE Antela FC Área social fútbol xogador do mes
Tamén che pode interesar
Antela FC
Antela FC O C.D. Barco e o Antela empatan (1-1) nun derbi marcado pola falta de acerto e unha gran actuación do porteiro
O Barco e o Antela empataron a un gol no último derbi. O partido destacou pola falta de puntería dos visitantes e pola intervención clave do porteiro antelán, Bruno Pío, que detivo un penalti. O adestrador do C.D. Barco, Agustín Ruiz, sinalou que o seu equipo mereceu gañar con folgura na segunda parte: "Fixo méritos para marcar tres ou catro goles". Ruiz recoñeceu que a falta de acerto está a limitar os puntos do equipo, que debería levar 18 na clasificación se tivese materializado as ocasións …
15 de octubre de 2026 2 min lectura
O Antela gaña ao Arenteiro (2-3) e mantén o seu gran inicio de liga
Antela FC O Antela gaña ao Arenteiro (2-3) e mantén o seu gran inicio de liga
O Antela logrou unha importante vitoria este fin de semana en Espiñedo ante o Arenteiro. Cunha remontada na segunda parte, o equipo limiano suma xa 10 puntos en cinco xornadas de liga. O partido comezou costa arriba para os visitantes, que chegaron ao descanso perdendo por 1-0. A reacción chegou na segunda metade grazas aos goles de Charli, autor de dous tantos, e do debutante Álex Cid, que marcou cun disparo axustado ao pau tras saír ao campo. Con este resultado, o Antela consolida o seu exce…
3 de octubre de 2026 1 min lectura
Bruno Pío salva ao Antela dunha goleada ante o Barco
Antela FC Bruno Pío salva ao Antela dunha goleada ante o Barco
O porteiro do Antela foi o gran protagonista do empate colleitado este fin de semana ante o Barco, tras realizar varias paradas decisivas, incluído un penalti. O encontro estivo marcado polo dominio absoluto do Barco, que embotellou ao equipo local durante case todo o partido. Aínda que o Antela se adiantou cun gol de Bernando tras un córner, o xogo dos limianos foi moi irregular. O punto de inflexión chegou na segunda metade: Minuto 1: Tiago anotou en propia meta tras un erro defensivo. Minu…
11 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser