← Volver Antela FC

Con VAR, mais sen café

Con VAR, mais sen café

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Antela despediu o ano no Fernández Carrera con humor e moito frío nun partido a beneficio do Banco de Alimentos de Xinzo que enfrontou onte ao equipo xuvenil cun combinado de directivos, adestradores e nais e pais. Recolléronse 110 quilos de alimentos que o club entregou a mesma tarde no Banco.
Foi a parte seria dunha xornada na que o combinado luciu o uniforme titular, as camisolas branquinegras, que non puideron disimular barrigas flagrantes e un estado físico xeral preocupante.
Enfronte, os rapaces, de vermello, fixeron o que puideron por non mancar ningún familiar nin directivo, e xogaron camiñando para non cansar a un rival que acabou con 17 sobre o campo (máis o porteiro) ante a impasibilidade dun árbitro claramente parcial e que ignorou case sempre os continuos chamamentos do VAR (tecnoloxía que se estreou na Moreira, inda que de cartón).
Houbo unha chea de goles anulados aos xuvenís por supostos fóra de xogo, penaltis a favor do combinado branquinegro inventados todos polo colexiado, moitas chanzas desde o público antes de quedaren todos conxelados, e ausencia de bar o día que máis falta facía un café. Ninguén se mancou. O resultado final descoñécese.
O 2024 acabou cunha modesta festa, e o 2025 aparece cheo de bos propósitos, entre eles, seguir apoiando causas solidarias que merecen a nosa atención.

Fonte: antela.fala.gal

Ver noticia completa
Antela FC Área social fútbol novas O CLUB
Tamén che pode interesar
Os goles de Pucho, Charli e Xabi
Antela FC Os goles de Pucho, Charli e Xabi
[embedded content] Partido de ida da eliminatoria de play-off de ascenso da Terceira REF entre o Antela e o Betanzos disputado na Moreira (Xinzo) o 31 de maio de 2026.
2 de junio de 2026 1 min lectura
O Antela inicia o camiño cara á Terceira REF contra o Betanzos
Antela FC O Antela inicia o camiño cara á Terceira REF contra o Betanzos
Este domingo ás 18:00 horas, o Antela xogará na Moreira o primeiro partido da eliminatoria de ascenso á Terceira REF, enfrentándose ao Betanzos. O técnico Bruno Gómez contará coa plantilla completa, incluíndo o regreso de xogadores como Cole e Xabi tras as súas lesións, o que permitirá ao equipo afrontar este compromiso con todos os seus recursos. O Betanzos parte con vantaxe histórica ao contar con 30 tempadas na Terceira División. Segundo o seu técnico, Claudio Corbillón, o estilo de xogo do …
30 de mayo de 2026 1 min lectura
Antela vs. San Tirso: Luta polo ascenso á Terceira REF
Antela FC Antela vs. San Tirso: Luta polo ascenso á Terceira REF
O Antela xoga este domingo ás 18:00 horas no campo da Moreira un partido decisivo polo ascenso á Terceira REF contra o San Tirso. O Rival: San Tirso O equipo visitante chega como un rival complexo e experimentado, composto por veteranos e futbolistas en plena madurez deportiva. Entre os seus logros e características destacan: Son os campións da Copa da Coruña. Contan con xogadores destacados como o goleador Denis (17 tantos esta tempada), o porteiro Fedello, Rafa Mella e Pablo Vigo. Amosan …
12 de junio de 2026 2 min lectura