← Volver Antela FC

Premios Xogador do Mes no Antela

Premios Xogador do Mes no Antela

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Distincións aos xogadores máis destacados do Antela, recoñecidos pola afección e homenaxeados coa arte de Xosé Lois Carreira.

BRUNO PÍO (setembro), XABI LAMAS (outubro), JORGINHO (novembro), ÁLEX BOÁN (decembro), ANTÓN (xaneiro-febreiro) e CARLOS (marzo) recibiron o debuxo do escultor limiao Xosé Lois Carreira que os distingue como Xogador do Mes, en cada un dos períodos nos que a afección tivo ocasión de sinalar ao seu favorito.

O propio Xosé Lois Carreira, xunto co exconcelleiro de Deportes, Rafa Penabad, e os directivos Pablo Losada (presidente) e Juan Gómez (vicepresidente) foron os encargados de entregar os premios. A actual concelleira de Deportes, Cristina Campero, desculpou no último momento a súa presencia no acto.

GALERÍA

O meta Bruno Pío, co Carreira e o Juan Gómez.

Xabi Lamas, co Carreira e o Penabad.

Jorginho, xogador de outubro, co Carreira e o Pablo Losada, presidente do Antela.

Álex Boán, último distinguido do ano 2024, cos directivos do club.

Os premiados en 2025: Antón, no período xaneiro-febreiro.

Carlos regresou en decembro ao Antela e foi o elixido no mes de marzo.

Fonte: antela.fala.gal

Ver noticia completa
ACTUALIDADE Antela FC Área social fútbol novas
Tamén che pode interesar
O Antela loita polo liderado en Terceira RFEF neste mes de outubro
Antela FC O Antela loita polo liderado en Terceira RFEF neste mes de outubro
O Antela FC arrincou o mes de outubro cunha vitoria ante o Arenteiro (2-3) e sitúase no grupo de cabeza da clasificación de Terceira RFEF, compartindo a primeira praza con outros tres equipos. Tras cinco xornadas de liga, o conxunto que adestra Bruno Gómez atópase nunha posición de privilexio, aínda que ocupa o cuarto posto na táboa por diferencia de goles. Os seus rivais directos polo liderado son o Boiro, o Barco e o Lalín. O equipo afronta agora un calendario decisivo para consolidarse na p…
6 de octubre de 2026 1 min lectura
O porteiro xuvenil Iago Salgado debuta co primeiro equipo
Antela FC O porteiro xuvenil Iago Salgado debuta co primeiro equipo
Iago Salgado debutou como titular na portería do primeiro equipo tras agardar a súa oportunidade durante tres tempadas e 33 convocatorias. O xove gardameta deixou a súa portería a cero no seu estreo oficial. Salgado, que vive o seu último ano como xuvenil, é un dos valores máis sólidos da canteira. A súa traxectoria recente destaca por varios fitos clave: Ascensos: Foi peza fundamental en tres ascensos do club. Experiencia previa: Xa xogara anteriormente no filial en Primeira Futgal, onde com…
22 de octubre de 2026 1 min lectura
O Antela ficha a Musa Dambelleh para cubrir a baixa de Iñaki Bellido
Antela FC O Antela ficha a Musa Dambelleh para cubrir a baixa de Iñaki Bellido
O Antela FC vén de incorporar ao dianteiro Musa Dambelleh Danso, de 19 anos, para reforzar o equipo ata o final da tempada. O xogador chega para cubrir a praza que deixou libre Iñaki Bellido, quen causou baixa definitiva por lesión durante o resto do curso. Musa Dambelleh ten experiencia en varios clubs de formación e categorías superiores: Procedencia: canteira do Burgos (Liga Nacional). Traxectoria: formouse no Badalona e no Sant Andreu, pasou polo Granada C.F. e xogou en Segunda RFEF co A…
1 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser