PROGRAMACIÓN NADAL VILAR DE SANTOS 2025 – 2026
Amador Díaz asina un convenio con WeWoman e Ourensividade para situar Xinzo como referente en lonxevidade, innovación e talento
A presidenta de WeWoman, Manuela Appendino, e o presidente de Ourensividade, Pablo García Vivanco, visitaron o Concello para formalizar o acordo e coñecer o potencial de Xinzo nun dos seus maiores retos demográficos: a lonxevidade.
Amador Díaz participa nun encontro para impulsar a futura Eurocidade transfronteiriza con Montalegre
O alcalde de Xinzo de Limia reuniuse coa presidenta da Câmara Municipal de Montalegre, Fátima Fernandes, e co alcalde de Baltar, José Antonio Feijoo, para afondar nun marco estable de cooperación a ambos lados da Raia.
Axudas á mellora da Accesibilidade para persoas maiores de 65 anos
Xinzo de Limia abre as portas a charlas informativas sobre compostaxe e reciclaxe comunitaria este mes de novembro
Xinzo de Limia acolle a I Feira do Mercado Social en terras ourensás cun gorentoso programa repleto de actividades que convida a gozar o día enteiro en familia
-
O Xinzo de Limia acolle a primeira edición da Feira da Economía Social e Solidaria en Ourense con máis de 20 postos e actividades para toda a familia.
-
Obradoiros, xogos e cultura comunitaria marcarán a programación desta xornada, que convida á reflexión sobre o coidado do territorio e o consumo consciente.
-
A música de Cé Orquestra Pantasma poñerá o broche final a un día repleto de actividades, entre as que destacan presentacións literarias, catas de chocolates e espectáculos familiares.
Xinzo activa o dispositivo de emerxencias para afrontar a alerta laranxa por choiva e vento
-
O Concello coordina o dispositivo de emerxencias e pecha os parques municipais ante posibles riscos.
-
A cidadanía está chamada a vixiar elementos que poidan desprenderse e a contactar co 112 en caso de emerxencia.
-
Recoméndase reducir ao imprescindible os desprazamentos e extremar a precaución en exteriores.
Dúas feiras, un só destino: Xinzo de Limia fusiona o agro e o comercio nunha fin de semana de récord
-
ALIMAGRO e a Feira do Comercio PROLIMIA combinarán esforzos para unha fin de semana de récord en Xinzo de Limia.
-
Máis de 20.000 metros cadrados de exposición e actividades, con máis de 100 marcas e 50 stands de comercio local.
V Concurso de Embelecemento de Balcóns e Xanelas
Redes Sociais do Concello
CONECTA co teu Concello para estar ó tanto de todo!
Oferta Deportiva 2023-2024