
La Voz de Galicia
Xinzo celebra a música co segundo Festival de Santa Icía
- Fonte
- La Voz de Galicia
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 18 nov.
Xinzo de Limia festexa este fin de semana, do venres 20 ao domingo 22 de novembro, a segunda edición do festival na honra á patroa dos músicos con concertos abertos a todo o público.
As actividades repartiranse entre a Igrexa Nova e a Igrexa Vella con este horario:
- Venres 20, 19:45 (Igrexa Nova): Concerto Intercentros con alumnado e profesorado do Conservatorio, a Escola de Gaitas e a Escola de Música da Limia.
- Sábado 21, 19:00 (Igrexa Nova): Misa cantada pola Coral Santa Mariña.
- Sábado 21, 19:45 (Igrexa Nova): Concerto da Agrupación Musical da Limia dedicado ás bandas sonoras de Hans Zimmer.
- Sábado 21, 00:00: Presentación da Charanga Barullo na Praza de Oriente.
- Domingo 22, 17:00 (Igrexa Vella): Encontro de música coral con catro formacións da comarca (Trasmiras, Conservatorio de Xinzo, Aimil e Santa Mariña).
Ademais, os músicos celebrarán unha cea de confraternidade o sábado ás 22:00 horas.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →


