← Volver La Voz de Galicia

Galardonados cos primeiros Premios Semente que concedeu o Concello de Xinzo de Limia.

Galardonados cos primeiros Premios Semente que concedeu o Concello de Xinzo de Limia.

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Primeira edición dos Premios Semente do Concello de Xinzo de Limia, recoñecendo o talento e a innovación no sector agroalimentario galego. Galardóns para EFA Fonteboa, Patatas Fritas Guays e Jayls, Mónica Míguez, Laura Meno e outros, destacando a importancia do sector para a economía e a identidade galega.

O galardón especial foi para o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa e tamén se recoñeceu ás empresas de patatas fritas Guays e Jayls, á agricultora Mónica Míguez ou á investigadora Laura Meno

27 mar 2025 . Actualizado ás 05:00 h.

A primeira edición dos Premios Semente congregou a medio millar de persoas no pavillón de deportes de Xinzo de Limia nunha gala organizada polo Concello limiao. Estes premios buscan recoñecer o talento, a innovación e a traxectoria no sector agroalimentario galego. Universidades, sindicatos, asociacións e institucións colaboran coa organización dos galardóns e teñen representación no xurado que os concede.

O Premio Especial Semente dedicouse ao Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco, para recoñecer a súa dilatada traxectoria na formación e captación de profesionais do sector primario galego. Fundada en 1975, a EFA ofrece ensinanzas de ESO e Formación Profesional enfocadas á inserción laboral no medio rural.

Na categoría de excelencia innovadora, o premio entregouse a Patatas Fritas Guays; o da traxectoria empresarial foi a parar a Patatas Fritas Jalys; no apartado de Muller Rural distinguiuse á agricultora Mónica Míguez Bolaño; polo seu compromiso ambiental recoñeceuse cun dos premios ao Campus Auga de Ourense; na categoría de produto local do ano designouse á IXP Pan de Cea; en investigación agraria galardoouse á enxeñeira Laura Meno Fariñas, que dedicou a súa tese doutoral a un estudo sobre unha enfermidade fúnxica da patata; polo seu proxecto gastronómico o Premio Semente foi para o restaurante Ceibe; en canto a repercusión social recoñeceuse á Festa da Pataca de Coristanco; pola divulgación de valores rurais deuse o premio ao programa Labranza, de Televisión de Galicia; o galardón de xove emerxente entregouse á sociedade cooperativa xuvenil Horto Cabido.

O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, interveu para explicar que estes Premios Semente nacen «coa vocación de dar visibilidade e prestixio a un sector fundamental para a nosa economía e a nosa identidade». Mencionou que A Limia é a «comarca agrícola por excelencia de Galicia, e desde aquí queremos recoñecer o traballo de todas esas persoas que, con esforzo e dedicación, fan posible que os nosos produtos sexan un referente en calidade».

Pola súa parte, o presidente de Cesuga, Venancio Salcines, destacou a relación directa do mundo agrario coa nova axenda económica europea. «Europa necesita independencia e seguridade e ten que empezar pola nosa reserva alimentaria. Aínda que o noso campo é rico en produción, debe ser global e autónomo, diminuíndo a súa dependencia de dous elementos clave: os fitosanitarios e os pensos», manifestou. Para o presidente da entidade patrocinadora, é un erro estratéxico depender de China. Sinalou que a nova axenda impactará en Ourense e hai que estar preparados para o futuro.

Archivado en: Xinzo de Limia Coristanco Ourense ciudad China CRTVG

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
China Coristanco CRTVG FP La Voz de Galicia Ourense ciudad prensa Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
Fracasa o intento de acordo polo asalto violento a un construtor de Lobios
La Voz de Galicia Fracasa o intento de acordo polo asalto violento a un construtor de Lobios
A Fiscalía pide máis de 70 anos de cárcere para os acusados do asalto a un empresario en Lobios, tras fracasar un novo intento de pacto entre as partes. O xuízo segue adiante despois de que os sospeitosos non lograsen chegar a un acordo para evitar a vista oral. Estes son os puntos clave da situación actual: Petición de pena: O ministerio fiscal solicita en total máis de 70 anos de prisión para os implicados. Indemnización: Cada un dos acusados deberá pagar ao construtor afectado a cantidade …
6 de octubre de 2026 1 min lectura
A avea moura recupera o seu lugar na gastronomía e na cosmética galega
La Voz de Galicia A avea moura recupera o seu lugar na gastronomía e na cosmética galega
Un equipo formado por investigadores, panadeiros e cociñeiros logrou recuperar o cultivo da avea moura, un cereal autóctono de Galicia que estaba a piques de desaparecer por completo. Este proxecto busca poñer en valor as propiedades deste produto tradicional a través de diferentes usos comerciais: Alimentación: elaboración de pans artesanais e salsas. Cosmética: creación de produtos para o coidado da pel baseados nas propiedades deste cereal. A iniciativa pretende salvar esta variedade loca…
4 de octubre de 2026 1 min lectura
O mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo, declarado Ben de Interese Cultural
La Voz de Galicia O mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo, declarado Ben de Interese Cultural
A Xunta de Galicia declarou o Convento do Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo de Limia, como Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de Monumento. Esta protección oficial recoñece o valor histórico e artístico deste conxunto do século XVI. A declaración, aprobada este luns polo Consello da Xunta, garante a conservación tanto do edificio como da súa contorna e de elementos artísticos específicos: O conxunto arquitectónico: Inclúe o claustro, a igrexa (propiedade do Bispado de Ourense), o bosq…
20 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser