← Volver La Voz de Galicia

Nace Alanna en o Hospital de Verín

Nace Alanna en o Hospital de Verín

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A pequena Alanna, filla de Iria Canosa e Iván Dacal, veu ao mundo o xoves no hospital de Verín.

Os tres hospitais da provincia de Ourense – os da cidade, O Barco de Valdeorras e Verín – xa pecharon o ciclo dos primeiros nacementos do ano. Despois de Aroa (Ourense) e Victoria (O Barco de Valdeorras), chegou Alanna na noite do xoves no Hospital de Verín. Curiosamente, os tres centros de referencia da área sanitaria comezaron o ano 2025 con tres nenas, e en todos os casos os pais son primeiroizos.

Alanna é filla de Iria Canosa Blanco e Iván Dacal Fraga, ambos os dous veciños de Xinzo de Limia de 34 anos. O nacemento rexistrouse ás 23:35 horas do xoves día 9, e Alanna pesou 4,2 quilos. Xa en casa, e coa tranquilidade de compartir a chegada de Alanna coa familia, Iván Dacal recoñece que a xornada do xoves foi complicada para a nai. «Entramos ás oito da mañá e como non ía adiante a cousa tivo que ser por cesárea. Agora xa está a situación normalizada e a nai xa se pode levantar e toma a medicación que lle receitaron», apunta Iván Dacal.

Adaptándose á nova realidade e á convivencia cunha máis na familia —»O primeiro día ben, o segundo xa deu algo máis de traballo pero xa estabamos advertidos que ía ser así, co cal todo vai con normalidade e gozando desta nova situación»—, o pai recoñece que no futuro Alanna podería compartir a vivenda familiar con algún irmán. «É o noso primeiro fillo e hai que ver como vai a cousa. Máis adiante veremos pero seguramente teremos máis fillos», apunta.

O primeiro nacemento do ano rexistrouse no CHUO. Aroa naceu cando faltaban dezaoito minutos para as dúas da madrugada do día 1 de xaneiro e é filla de Raquel Fernández Pérez e Alejandro Gayoso. Victoria naceu un día despois, o 2 de xaneiro, ás 13:40 horas no Hospital Comarcal de Valdeorras. Betsy Leonor Suárez Fernández e Yrán Manuel Peña Calviño son os seus pais. E no Hospital Comarcal de Verín naceu Alanna o xoves, día 9, sendo os seus pais Iria Canosa Blanco e Iván Dacal Fraga.

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Hospital de Verín La Voz de Galicia O Barco de Valdeorras Ourense ciudad prensa Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
Fracasa o intento de acordo polo asalto violento a un construtor de Lobios
La Voz de Galicia Fracasa o intento de acordo polo asalto violento a un construtor de Lobios
A Fiscalía pide máis de 70 anos de cárcere para os acusados do asalto a un empresario en Lobios, tras fracasar un novo intento de pacto entre as partes. O xuízo segue adiante despois de que os sospeitosos non lograsen chegar a un acordo para evitar a vista oral. Estes son os puntos clave da situación actual: Petición de pena: O ministerio fiscal solicita en total máis de 70 anos de prisión para os implicados. Indemnización: Cada un dos acusados deberá pagar ao construtor afectado a cantidade …
6 de octubre de 2026 1 min lectura
A Fiscalía pide 23 anos de cárcel para os pais dunha bebé maltratada en Ourense
La Voz de Galicia A Fiscalía pide 23 anos de cárcel para os pais dunha bebé maltratada en Ourense
A Fiscalía de Ourense solicitou 23 anos de prisión para os pais dunha nena que sufriu maltratos graves e constantes desde que tiña poucas semanas de vida. O xuízase nunha sección penal de Ourense tras os ferimentos detectados nunha bebé que ingresou no hospital en decembro de 2022. Segundo os médicos do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO), a nena sufriu diversas lesións que non foron causadas por accidentes, senón por golpes e sacudidas violentas: Fractura de cráneo co risco de perder a vi…
16 de octubre de 2026 2 min lectura
O acordeonista internacional Serhii Sapun actúa e dará clases en Xinzo de Limia
La Voz de Galicia O acordeonista internacional Serhii Sapun actúa e dará clases en Xinzo de Limia
O Conservatorio de Xinzo de Limia recibe este xoves 22 de outubro ao recoñecido acordeonista Serhii Sapun, gañador do 75º Trofeo Mundial de Acordeón. O músico ofrecerá un concerto gratuíto e aberto ao público no Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo: Data: Xoves, 22 de outubro. Hora: 20:00 horas. Ademais do recital, Sapun impartirá clases maxistrais para estudantes e músicos interesados os días 22 e 23 de outubro. As persoas que queiran asistir a estas sesións formativas deben inscribirse pr…
19 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser