Venres, 13 de novembro Xinzo 13° Garda: MARIA SOLEDAD RODRIGUEZ GARRIDO
La Región

Protestas en Xinzo pola eliminación da mesa electoral de Laroá para as eleccións galegas do 18F

2 min de lectura

Fonte
La Región
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
24 xan. 2024
Ver a noticia orixinal

O Concello de Xinzo de Limia celebrou un pleno extraordinario no que houbo unha participación veciñal que tiña que ver cun dos asuntos tratados, o referido á elección dos compoñentes das mesas electorais de cara ás eleccións galegas do 18 de febreiro.
Precisamente por iso os veciños de Laroá decidiron tomar parte activa e expoñer o seu malestar pola eliminación da mesa electoral da sua localidade, o que consideran coma “un ataque ó rural”. Fixeron ver carteis reivindicativos nos que se podía ler: “Nin unha mesa menos no rural” , “Quero votar en Laroá”, “Pois que cambien a lei electoral” ou “Que fixestes para evitalo”.
O grupo de goberno anunciou que presentará unha moción en defensa destas reclamacións, co obxectivo de que as administracións competentes reduzan a cota mínima para a constitución dunha mesa electoral, que actualmente está en 200 votantes. 

Coidados a domicilio
A maiores, no pleno aprobouse a adxudicación do maior contrato de axuda a domicilio na historia do Concello de Xinzo, co voto favorable de tódolos grupos políticos. O Concello aumenta un 10 % o orzamento destinado ás axudas a domicilio, o que supón o maior investimento en coidados na historia deste Concello, con 881.000 euros anuais.
Segundo o alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, o que se pretende é “seguir dando máis e mellores servizos, á vez que traballamos por reducir a cero ese tempo de agarda, que sería marabilloso para a calidade de vida das nosas persoas maiores e para que poidan seguir quedando nas súas casas”.

Esta modificación que se vai a solicitar, segundo o Concello de Xinzo de Limia, podería beneficiar a moitos pequenos lugares do rural, non só de Xinzo, senón tamén do resto de Galicia e de España.n

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser