Mércores, 25 de novembro Xinzo 5° Garda: PRIETO VIVANCO-CONDE C.B
La Región

O obradoiro de emprego de Xinzo e Sandiás visita empresas

1 min de lectura

Fonte
La Región
Concello
Sandiás
Publicada
11 xul. 2024
Ver a noticia orixinal

Os participantes no obradoiro de emprego “Emprego do Peregrino” veñen de realizar unha serie de visitas a negocios da zona da Limia como parte da súa formación.
As empresas ás que acudiron as persoas que estiveron estes meses desenvolvendo as súas aptitudes están relacionadas co mundo da carpintería e da xardinería.
Deste xeito, búscase ao remate do obradoiro a inserción laboral dos participantes no sector empresarial no que se estiveron formando, neste caso grazas ás prácticas de traballo que levaron a cabo.

Os alumnos e alumnas do obradoiro quedaron “moi contentos” coas visitas guiadas e de formación que realizaron, e das que sacarán “moito proveito”. Alén disto, aproveitaron a ocasión para agradecer a atención prestada polos responsables das empresas visitadas.
Doce meses
Os concellos de Sandiás e de Xinzo de Limia volveron unir as súas forzas este pasado ano para solicitar conxuntamente este obradoiro de emprego, cunha duración de doce meses, e que ofrece prácticas de traballo e cursos de formación a 20 alumnos de ámbalas localidades.

Xinzo e Sandiás están a aproveitar este obradoiro para realizar novas obras de acondicionamento e mantemento nas vilas, favorecendo á vez a inserción laboral de persoas desempregadas.

Saber máis · Descubre A Limia Sandiás 1.086 habitantes · 3 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser