
Nuevo impulso para recuperar el Castelo de San Xoán de Bara
- Fonte
- La Región
- Concello
- Vilar de Barrio
- Publicada
- 22 mar. 2025
O Castelo de San Xoán de Bara, situado en Vilar de Barrio, está a ser recuperado grazas a unha subvención. As investigacións arqueolóxicas revelan presenza humana dende a Idade de Bronce ata a Idade Media, e o concello aposta por convertelo nun recurso turístico e cultural, destacando a intervención no Burato do Mouro.
O Castelo de San Xoán de Bara, que se encontra no concello de Vilar de Barrio, entre as parroquias de Bóveda, Padreda e Seiró, ten un potencial arqueolóxico innegable. Neste emprazamento atopáronse restos na muralla exterior que se remontan á idade de bronce ata a idade media, cando o castelo se erguía sobre a comarca da Limia. A Consellería de Turismo acaba de aprobar unha subvención de case 30.000 euros para continuar a recuperación e posta en valor deste xacemento.
O xacemento
Martiño Xosé Vázquez, arqueólogo director dos traballos, explicou que “dende que comezamos os traballos en 2021, malia que antes xa houbo traballos de prospección feitos con fondos propios do Concello, levamos superado as expectativas por moito”. Segundo comenta Manuel Conde, o alcalde de Vilar de Barrio, “o concello de Vilar de Barrio empezou fai cinco anos a facer prospeccións e investimentos na zona para pola en valor e aproveitala como reclamo turístico”. Sen dúbida, Martiño confirma este compromiso: “O Concello aposta de xeito moi decidido por seguir investigando o lugar e por musealizalo, converténdoo non só nun foco referente de investigación, senón tamén nun recurso cultural”.
O director do xacemento narrou o proceso destes traballos: “Grazas a estas subvencións xa se creara unha rúa interpretativa que permite desprazarse con seguridade e desfrutar de paneis informativos ó longo do percorrido”, e engadiu que “tamén se foron facendo diferentes actuacións de posta en valor dentro do sitio, algo que é moi complexo, xa que a superficie son preto de 14 hectáreas, polo que é moi difícil de valorizar de golpe”. O proxecto presentado para este ano céntrase no Burato do Mouro.
O Burato do Mouro será o elemento clave para a musealización do xacemento
Martiño Vázquez aclarou o proxecto presentado para este ano: “O ano pasado apostamos xa por un lugar en concreto que ten unha carga simbólica moi importante, que é o Burato dos Mouros. Imos reconverter este espazo nun xacemento arqueolóxico musealizado e xa se fixeron traballos de escavación”. “Unha vez escollido este lugar como sitio de referencia, na campaña deste ano o proxecto presentando consiste en continuar e facer unha escavación en area máis grande deste sector para comprender que é este lugar e para converter este lugar nun monumento atractivo e visitable” e contou que “a lenda do Burato dos Mouros conta que alí aparecían tesouros”.
Pero este proxecto non atende solo á recuperación do espazo, senón tamén a investigar o orixe dos asentamentos na comarca da Limia, e Martiño comentou que “este ano farase unha lectura de xeoradar de varias parcelas para ver y valorar se nese lugar hai máis restos arqueolóxicos, porque estamos a falar dun emprazamento que ten historia dende a idade do bronce ata mediados da idade media. Este lugar ten un potencial científico moi grande e con un atractivo turístico innegable pola súa situación”.
Saber máis · Descubre A Limia
Vilar de Barrio
1.178 habitantes · 9 parroquias
Coñecer o concello →


