
Malestar en varias aldeas de Trasmiras polos cortes de auga
- Fonte
- La Región
- Concello
- Trasmiras
- Publicada
- 14 ago. 2024
Varios dos concelleiros do BNG de Trasmiras mantiveron unha reunión cos veciños de Vilar de Lebres, Rabal e Abavides. Nesta reunión, os veciños comunicaron que estiveron varios días sen auga da traída a semana pasada, en plena festa das Neves, algo que xerou un gran malestar entre a veciñanza desta aldea.
A xustificación do alcalde de Trasmiras, Emilio José Pazos, foi que se debeu a un atasco na canalización do pozo das Lamas, o que fíxo que o volume de auga que chegaba ó depósito fose inferior. ¨semana anterior tiveron días de gastar en 24 horas uns 41 metros cúbicos e a semana das festas, o día que menos auga entrou no depósito foron 25 metros cúbicos. Non se tomaron outras medidas porque entraba auga. O que teñen que facer os veciños é administrala o mellor posible”, dixo Pazos.
Saber máis · Descubre A Limia
Trasmiras
1.216 habitantes · 9 parroquias
Coñecer o concello →


