
El Concello de Sandiás acogió la celebración del Hidrogeodía
- Fonte
- La Región
- Concello
- Sandiás
- Publicada
- 24 mar. 2025
O Concello de Sandiás acolleu a edición do Hidrogeodía 2025 no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, unha xornada destinada á divulgación baixo a coordinación do Grupo Español da Asociación Internacional de Hidrogeólogos. O encargado da explicación foi Eduardo González Clavijo, especialista en divulgación científica e xeolóxica, que con apoio de láminas didácticas aclarou amplamente diferentes características xeolóxicas da comarca de A Limia, o tipo de solos, o comportamento da auga nos mesmos e as súas consecuencias.
Eduardo González, xeólogo e dilvugador en pico Costoiro.
A organización puxo ao servizo dos participantes unha guía didáctica para facilitar as explicacións. A pesar de un día de vento e chuvia persistente, achegáronse a Sandiás cerca de 40 participantes das provincias de Ourense e Pontevedra.
Os participantes atendendo ás explicacións.
A xornada comezou pasando revista á xeografía da laguna, tras o cal se subiu ao pico Costoira e posterior ruta guiada polas areneras.
Saber máis · Descubre A Limia
Sandiás
1.086 habitantes · 3 parroquias
Coñecer o concello →


