A Garda Civil detivo este 24 de setembro a un home de 74 anos, veciño de Calvos de Randín, como presunto autor de cinco lumes forestais rexistrados no concello de Trasmiras.
O home foi arrestado ás 23:30 horas do martes. Segundo a investigación, os incendios que se lle atribúen queimaron un total de 7 hectáreas de monte.
A Garda Civil aclara que esta detención non ten relación co gran incendio que afecta estes días a Calvos de Randín —que xa calcinou máis de 400 hectáreas—, senón que se centra exclusivamente nos sucesos ocorridos en Trasmiras.