Xoves, 19 de novembro Xinzo 10° Garda: MARIA SOLEDAD RODRIGUEZ GARRIDO
Diario do Limia

Xinzo de Limia lamenta o falecemento do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín

1 min de lectura

Fonte
Diario do Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
19 nov.
Ver a noticia orixinal

O Concello de Xinzo de Limia expresa o seu pesar pola morte de Xosé Luís Méndez Ferrín, unha figura clave das nosas letras que ía ser distinguida na vila o vindeiro mes.

O autor recibira o pasado 8 de outubro o V Premio Carlos Casares de Xornalismo Literario en recoñecemento a máis de 40 anos de traxectoria en medios como Faro de Vigo, onde publicou a súa sección No fondo dos espellos.

A entrega deste galardón estaba prevista para o día 18 de decembro en Xinzo, pero a súa celebración está agora pendente do que decida a familia.

O Concello quixo poñer en valor o legado de Ferrín, destacando:

  • O seu compromiso intelectual e rigor literario.
  • O seu labor para recuperar figuras e feitos históricos esquecidos.
  • A súa influencia fundamental na renovación da narrativa galega actual.
Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser