← Volver Diario do Limia

Rairiz de Veiga impulsa a Romaría da Saínza para obtor declaración de Interese Turístico Nacional

Rairiz de Veiga impulsa a Romaría da Saínza para obtor declaración de Interese Turístico Nacional

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Concello de Rairiz de Veiga avanza na tramitación para que a Romaría da Saínza sexa declarada festa de Interese Turístico Nacional. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse coa alcaldesa, Josefa Asunción Morgade, para coñecer os traballos realizados polo goberno local neste proceso.

Merelles subliñou a importancia deste recoñecemento para a promoción turística da comarca da Limia e de Galicia. Manifestou o seu apoio á tramitación do expediente e comprometeuse a axilizar o informe autonómico previo á presentación da documentación ante o Goberno central. Esta iniciativa busca reforzar a visibilidade da comarca como destino de festas tradicionais de relevancia nacional.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local Rairiz de Veiga
Tamén che pode interesar
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser