
Presentada a edición 2025 das IV Olimpiadas Rurais da Limia
- Fonte
- Diario do Limia
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 18 xuño 2025
O Colectivo RAS, co apoio do Concello de Xinzo de Limia e o CDR O Viso, organiza a cuarta edición consecutiva das Olimpiadas Rurais da Limia, recuperadas en 2022 despois de naceren unha década antes.
A principal novidade é o cambio de localización ás instalacións deportivas da Moreira, o seu lugar de orixe. Segundo Borja Rubén Domínguez, presidente do Colectivo RAS, busca recuperar a esencia de “deporte popular, do pobo para o pobo”.
O evento, que espera reunir a máis de cen participantes, conta co apoio de clubes e negocios locais. O período de inscrición xa está aberto.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →


