
FOTOGALERÍA | As imaxes dos cuantiosos danos da treboada
- Fonte
- Diario do Limia
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 27 xuño 2024
Unha nova treboada chegou ás terras da Limia a última hora da tarde do mércores. Bastaron non máis de 20 minutos para causar importantes danos en fincas de diferentes puntos da comarca.
Couso de Limia, Rebordachá ou Damil foron algunhas das aldeas máis castigadas polas fortes choivas e as grandes pedras de sarabia.
Comprobamos de primeira man como as colleitas sufriron importantes danos unha vez máis e como cada vez se fai máis costa arriba a campaña agrícola deste ano.
A vila de Xinzo non escapou de sufrir tamén danos considerables. A casa da cultura espertaba coa súa zona baixa asolagada por augas fecais que deixaron varios danos materiais.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →


