← Volver Diario do Limia

El Inorde impulsa un curso para proteger la salud de nuestros viñedos | NOTICIAS XINZO

El Inorde impulsa un curso para proteger la salud de nuestros viñedos | NOTICIAS XINZO

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Inorde, organismo dependente da Deputación de Ourense, convoca unha nova acción formativa centrada na Poda de Respecto, unha técnica agrícola avanzada para evitar a morte prematura das cepas e mellorar a saúde do viñedo. Esta actividade enmárcase na iniciativa piloto de Agricultura Rexenerativa en Viñedo, parte do proxecto europeo INTERREG VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, financiado por fondos FEDER.

As xornadas formativas divídense en dúas sesións complementarias nas comarcas da Limia e Monterrei.

A primeira sesión, de carácter teórico, terá lugar o 6 de marzo de 16:00 a 20:00 horas no Centro de Desenvolvemento Agropecuario do Inorde, en Xinzo de Limia. Abordaranse conceptos básicos de fisioloxía da vide, feridas de poda, conos de desecación, tipos e técnicas de poda, e xestión do equilibrio da planta para corrixir erros comúns.

A segunda xornada, eminentemente práctica, realizarase o 7 de marzo pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, na Finca experimental do Inorde, no contorno do Castelo de Monterrei. Os participantes poderán aplicar os coñecementos adquiridos o día anterior.

Esta capacitación agrícola está dirixida a profesionais e afeccionados ao sector vitivinícola da provincia.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
De la Tierra Diario do Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Xinzo de Limia celebra este venres o histórico ascenso do Antela F.C. á Terceira Federación
Diario do Limia Xinzo de Limia celebra este venres o histórico ascenso do Antela F.C. á Terceira Federación
O Concello de Xinzo de Limia e a directiva do Antela F.C. ultiman os preparativos para homenaxear ao equipo este venres, 26 de xuño, tras acadar o histórico ascenso á Terceira Federación. A celebración comezará ás 21:00 horas cunha gran rúa que partirá desde a Casa do Concello. O autobús, no que viaxarán os xogadores, o corpo técnico e a directiva, percorrerá as principais arterias da vila para festexar este éxito deportivo coa veciñanza. O itinerario previsto para a comitiva é o seguinte: Sa…
25 de junio de 2026 2 min lectura