← Volver Diario do Limia

A Deputación de Ourense recibe ao Estrela Futsal Cortegada polo seu histórico ascenso á máxima categoría

A Deputación de Ourense recibe ao Estrela Futsal Cortegada polo seu histórico ascenso á máxima categoría

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e deputado de Deportes, César Fernández, recibiu este luns no Pazo Provincial ao corpo técnico, directiva e xogadoras do Estrela Futsal Cortegada para homenaxear o seu ascenso á Primeira División do fútbol sala feminino.

César Fernández quixo destacar o compromiso e espírito de superación demostrado polo equipo ao longo dunha tempada que cualificou de «extraordinaria». Segundo o deputado, este logro non só ten un valor deportivo, senón que se converte nun motivo de orgullo para o conxunto da provincia de Ourense.

Durante o acto, o responsable provincial de Deportes sinalou que o Estrela Futsal Cortegada é un referente para as novas xeracións, demostrando que o esforzo colectivo permite acadar metas ambiciosas. O vicepresidente animou ao club a afrontar este novo reto na máxima categoría nacional con ilusión e constancia.

Este ascenso chega nun momento moi especial para a entidade, xa que coincide con fitos significativos para o club:

Con esta recepción, a Deputación de Ourense reafirma o seu apoio aos clubs da provincia que levan o nome de Ourense por toda España, destacando o papel fundamental que xogan na promoción dos valores deportivos e da igualdade no deporte.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Deportes Diario do Limia prensa local
Tamén che pode interesar
NOTICIAS XINZO | Xinzo acoge este domingo el Torneo Vilas de minibasket con ocho clubes participantes
Diario do Limia NOTICIAS XINZO | Xinzo acoge este domingo el Torneo Vilas de minibasket con ocho clubes participantes
El Pabellón de Deportes de Xinzo de Limia será escenario este domingo, 18 de octubre, del XIII Torneo Internacional Mini «Vilas de Ourense», una cita de minibasket que comenzará a las 10:15 horas y reunirá a ocho clubes de Galicia y Portugal. En esta edición participarán el CB Allariz, MV Barco, BXL Celanova, CB Lemavos, ID Sarmientos Ribadavia, CTM Vila Pouca (Portugal), CB Xuventude Verín y AB Xinzo. El torneo volverá a reunir a jóvenes jugadores y jugadoras en una jornada dedicada al min…
14 de octubre de 2026 1 min lectura
O BNG pide a renuncia dos concelleiros de Rairiz de Veiga que pasaron a non adscritos
Diario do Limia O BNG pide a renuncia dos concelleiros de Rairiz de Veiga que pasaron a non adscritos
O BNG esixe aos concelleiros de Rairiz de Veiga que deixaron o partido e pasaron ao grupo de non adscritos que entreguen a súa acta municipal. Esta petición chega despois de que ditos edís rexistrasen unha moción de censura xunto co Partido Popular e un concelleiro ex do PSOE. O BNG sinala os seguintes motivos para a súa esixencia: Os concelleiros actuaron á marxe da organización e dos seus órganos de decisión. Ao abandonar o proxecto político co que se presentaron ás eleccións, entenden que …
23 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser