← Volver Dende A Limia

Xinzo celebra o seu Festival Internacional de Bandas de Gaitas do 31 de xullo ao 2 de agosto

Xinzo celebra o seu Festival Internacional de Bandas de Gaitas do 31 de xullo ao 2 de agosto

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A vila de Xinzo de Limia acollerá a oitava edición do Festival Internacional de Bandas de Gaitas entre o 31 de xullo e o 2 de agosto.

Durante estas tres xornadas, o público poderá gozar de concertos e pasarrúas a cargo de diversas agrupacións musicais de Galicia, Asturias e El Bierzo:

Ademais das bandas, a programación inclúe a actuación do grupo de música folk BÖJ e o ambiente festivo que porá a Charanga Achicoria.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A plataforma Stop Eólicos mobilízase contra o novo proxecto de aeroxeradores en Bande
Dende A Limia A plataforma Stop Eólicos mobilízase contra o novo proxecto de aeroxeradores en Bande
A plataforma Stop Eólicos A Limia, Xurés e Celanova iniciará nos próximos días a presentación de alegacións contra o parque eólico Cantanarrás, un proxecto da multinacional Vestas que prevé a instalación de 10 aeroxeneradores de 200 metros de altura no concello de Bande. A asociación advirte de que esta proposta é practicamente idéntica a unha xa rexeitada pola Administración galega no ano 2023, pero con un impacto ambiental aínda máis grave sobre as zonas protexidas da Limia e os recursos hídr…
3 de julio de 2026 2 min lectura
O Mosteiro de Trandeiras en Xinzo convértese nun escenario teatral para poñer en valor o seu patrimonio
Dende A Limia O Mosteiro de Trandeiras en Xinzo convértese nun escenario teatral para poñer en valor o seu patrimonio
O Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras acolleu este pasado sábado unha exitosa visita teatralizada que permitiu aos asistentes coñecer a historia deste conxunto monumental dun xeito inmersivo. A actividade foi organizada polo Concello de Xinzo de Limia e contou coa posta en escena da compañía Platea Lúa. A iniciativa, que logrou un notable éxito de público, tiña como obxectivo principal ofrecer unha experiencia didáctica arredor deste lugar emblemático. Segundo destacaron fontes municipais, esta…
6 de julio de 2026 1 min lectura
O Concello de Muíños renova os seus espazos públicos cun investimento de 630.000 euros
Dende A Limia O Concello de Muíños renova os seus espazos públicos cun investimento de 630.000 euros
O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, supervisaron esta mañá as obras de mellora que se están a levar a cabo na vila para modernizar as contornas urbanas. A actuación conta cun orzamento total de 632.776 euros, financiados mediante un convenio entre a administración autonómica e o concello: Xunta de Galicia: achega o 70% (442.943 euros). Concello de Muíños: aporta o 30% restante (189.833 euros). Os traballos céntranse na parroquia de San Pedro …
16 de julio de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser