Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

Tempo de Magostos

3 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
6 nov. 2024
Ver a noticia orixinal

Este fin de semana celébranse os magostos na Limia.
O Magosto é unha festa onde se celebra a recollida da castaña, a xente reúnese ao carón dunha fogueira onde se asan as castañas nun tixolo. Con esta celebración ponse en valor a importancia da castaña, fonte importante de alimentación ata a chegada do millo e a pataca no século XV. 
É unha festa de orixe celta, que celebra o fin do verán e o inicio da tempada de fríos, era a súa celebración de aninovo. Festa que estaba relacionada co lume sagrado, elemento purificador, co que de algún xeito se lograba a inmortalidade. O Magosto e o Samaín ían da man, xa que se conta que os mortos baixaban as casas durante a noite, as portas deixábanse abertas e o lume acendido para mitigar o frío, as animas baixaban a quentarse ao lume do magosto, e cada castaña comida era unha alma salvada. 
A súa celebración na provincia de Ourense é arredor do 11 de Novembro, día de San Martiño. Ademais das castañas, nesta festa tamén podemos degustar os chourizos, xa que nesta época comezan as matanzas, e o viño novo extraído das vendimas deste ano.
Se queredes comer castañas e volver un pouco as orixes podedes ir a: 
Escolas Deportivas do Concello de Xinzo
O venres 8, no campo Fdez. Carrera convidanvos a porco a grela, pan e castañas. 

Porqueira
O sábado 9, as 14:00 horas no campo da festa. As entradas custan 5€, haberá inchables, animación para os mais cativos. Venta anticipada das entradas nas oficinas do concello.

San Pedro de Laroá 
O sábado as 14:00 horas no Centro Social. Tendes para anotarvos ata hoxe, podendelo facer a través do seu instagram @sanpedrodelaroa, ou falando persoalmente con Rosi, Marcos ou Blanca. Por so 10€ poderedes degustar: empanada, costela de porco, chourizo, panceta, bica, bebidas, café, licor e por suposto castañas asadas.

Sandías
O sábado a partir das 13:00 horas, na pista polideportiva. Podedes inscribirvos no propio concello, por 7€ poderedes desfrutar de castañas. comida, bebida e queimada. Os cativos ata 6 anos son de balde. Ademais da comida haberá música e colchonetas para os mais cativos. 

Parada de Outeiro (Vilar de Santos)
O domingo 10, dende as 12 horas no campo de fútbol. Ata o venres poderedes mercar os vosos tickets, por 8€ nos lugares de costume, os menores de 12 anos son de balde. É necesario mercar o ticket e presentalo para poder participar.

Xinzo de Limia
O domingo 10, as 19:00 horas na Praza de Oriente. Poderase degustar de maneira gratuíta: castañas asadas, chourizos, pan, auga e viño, ademais de desfrutar de boa compañía e música.

Baltar
O sábado 16 a partir das 20:00 horas, no Pavillón Municipal. Por 3€, que serán doados voluntariamente, a Campaña contra a Fame da Infancia no Mundo, poderán degustar: empanada, costela, chourizos, touciño entrefrebado, castañas e bica. Ademais de moita música a cargo da Escola de Música, a Coral e o grupo “As Xeitosiñas”. Haberá un premio para a castaña mais grande e orixinal. Para anotarse hai que chamar ao concello, ao número: 988 46 65 03.

Lobios
O día 16 a partir das 19:30 horas, no pavillón de deportes, haberá castañas, chourizos, panceta, pan, viño, queimada e bica. Todo isto amenizado pola Banda de Música de Lobios.

Rairíz de Veiga
O sádado 16 a partir das 19:30 horas, na pulpería a Saínza. Por 6€, o menú constará de: empanada, churrasco, criollo, bica e castañas. Ademaís de música e baile. Para anotarse hai que ir onde Chelo ata o día 10.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser