
Dende A Limia
Sandiás organiza actividades contra a violencia de xénero para todas as idades
- Fonte
- Dende A Limia
- Concello
- Sandiás
- Publicada
- 18 nov.
O Concello de Sandiás conmemora o 25 de novembro cun programa de actividades pola igualdade que se celebrará na Casa da Cultura e no Punto de Atención á Infancia (PAI) entre o 16 e o 25 de novembro.
A programación é a seguinte:
- 16 de novembro (Casa da Cultura, 11.00 – 12.30 h): Obradoiro de prevención da violencia impartido polo CIM Móbil.
- 23 de novembro (PAI, 10.30 h): Contacontos O príncipe das mil cores, a cargo da Furgoteca.
- 24 de novembro (Casa da Cultura):
- 12.30 h: Lectura da Declaración Institucional.
- 12.35 – 13.15 h: Obra de teatro Inventoras con mentes curiosas (aberta ao público).
- Todo o día: Entrega de chapas e photocall no mural das escaleiras do polideportivo.
- 25 de novembro (PAI, 10.30 h): Actividade participativa de pintura Todas as cores son para todos.
Todas estas iniciativas buscan concienciar sobre a importancia de construír unha sociedade sen violencia e educar en valores de igualdade desde a infancia ata a idade adulta.
Saber máis · Descubre A Limia
Sandiás
1.086 habitantes · 3 parroquias
Coñecer o concello →


