← Volver Dende A Limia

Remata o ciclo de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas coa animación a lectura na Biblioteca Antelana

Remata o ciclo de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas coa animación a lectura na Biblioteca Antelana

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Contacontos en Xinzo de Limia no marco das Letras Galegas 2026

O alumnado do CEIP Rosalía de Castro participou nunha sesión de contacontos inspirada na obra O bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez. A actividade foi dirixida e escenificada polos voluntarios colombianos da Biblioteca Pública Antelana, Eduin Arias Ruiz e Alejandra Gómez Gómez, cun obxectivo de fomentar o interese pola lectura e a literatura mediante a narración oral e a interpretación escénica.

Esta iniciativa forma parte do ciclo de actividades organizado pola Concellería de Cultura de Xinzo de Limia para conmemorar as Letras Galegas 2026. O programa de actividades pechará este venres coa presentación do libro Queda moito por sachar, de Xosé Manuel del Caño, acto no que tamén intervirá o arqueólogo José María Eguileta.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
​CaixaBank e o GDR Limia Arnoia lanzan unha nova  convocatoria de ‘Tierra de Oportunidades’ para fomentar  emprendemento e emprego nas zonas rurais do territorio
Dende A Limia ​CaixaBank e o GDR Limia Arnoia lanzan unha nova convocatoria de ‘Tierra de Oportunidades’ para fomentar emprendemento e emprego nas zonas rurais do territorio
O GDR Limia Arnoia e CaixaBank veñen de lanzar unha nova edición do programa ‘Tierra de Oportunidades’, iniciativa destinada a fomentar a creación de emprego, impulsar o emprendemento rural e fixar poboación en áreas despoboadas.‘Tierra de Oportunidades’ ten o obxectivo de localizar e recoñecer proxectos rurais innovadores, sostibles e con capacidade de atraer e reter talento, así como de crear novas oportunidades laborais en áreas que enfrontan desafíos demográficos significativos.Esta sexta ed…
15 de mayo de 2026 3 min lectura
Rodrigo Pires coróase campión galego de Kick Boxing Neoprofesional en San Cristovo de Cea
Dende A Limia Rodrigo Pires coróase campión galego de Kick Boxing Neoprofesional en San Cristovo de Cea
O pasado sábado 9 de maio, o Pavillón de Deportes de Cea acolleu a I Velada, un evento deportivo que contou con 10 combates de alto nivel nas modalidades de rin, Kick Boxing e Muay Thai. O momento culminante da xornada foi o combate polo cinto galego Neo Pro de Lowkick na categoría de -60 kg. No duelo enfrontáronse Ángel Román “El Vikingo”, do club El Barrio Kickboxing de Vigo, e o limiao Rodrigo Pires, das Escolas Deportivas de Viana do Bolo. A pesar de que Román se levara a vitoria nun encon…
13 de mayo de 2026 1 min lectura
Corte de fibra óptica en Xinzo e Verín
Dende A Limia Corte de fibra óptica en Xinzo e Verín
As vilas de Xinzo e Verín sufren un corte no servizo de fibra óptica que afecta aos clientes das compañías R, Vodafone e Orange. A incidencia, que comezou onte pola tarde, foi causada por un erro durante as obras na estrada xeral de Xinzo, onde se cortou a rede troncal de estas operadoras. A avaría, calificada como grave, deixou a numerosos usuarios sen conexión a internet nin servizos de televisión, impactando directamente na capacidade de teletraballo e no acceso a plataformas dixitais. Malia…
8 de mayo de 2026 1 min lectura