
O concurso "Devorajalys" volverá a Xantar con máis de 1.000 euros en premios
- Fonte
- Dende A Limia
- Publicada
- 12 nov.
O Salón Internacional do Turismo Gastronómico (Xantar) acollerá en Ourense a cuarta edición do concurso de comer patacas fritas “Devorajalys” o vindeiro 21 de novembro.
A competición terá lugar ás 19:30 horas no hall de Expourense. Os participantes deberán comer a maior cantidade de patacas posible nun tempo máximo de 60 segundos. Debido á alta demanda de edicións anteriores, é obrigatorio inscribirse canto antes na web www.patatasfritasjalys.es, xa que as prazas son limitadas.
Os tres primeiros clasificados repartiranse máis de 1.000 euros en premios:
- 1º premio: Escapada de fin de semana para dúas persoas á Ribeira Sacra (dúas noites nos Apartamentos Río Sil, visita á alfarería de Gundivós e cata nunha adega da D.O.) máis 100 euros en combustible.
- 2º premio: Pack de produtos da Carnicería Davila e 50 euros en combustible.
- 3º premio: Pack de produtos de Aceites Abril e 25 euros en combustible.
Ademais do concurso, a empresa ourensá contará cun posto na feira onde ofrecerá degustacións gratuítas das súas variedades, incluíndo as de allo, churrasco, picantes e as clásicas sen sal.


