Ourense rende culto á súa identidade: Xinzo de Limia acollerá unha histórica concentración de máscaras tradicionais

Dende A Limia

FESMOU: Encontro de Máscaras da Provincia de Ourense

O vindeiro sábado 16 de maio, Xinzo de Limia acollerá FESMOU, unha xuntanza de máscaras da provincia de Ourense deseñada para reivindicar e poñer en valor o patrimonio vivo e as tradicións ancestrais da zona.

O evento está organizado pola Asociación de Amigos do Entroido Tradicional, entidade que leva anos investigando e divulgando estas manifestações culturais. O obxectivo principal é salvagardar a identidade única destas figuras e rituais, servindo como ponte entre as xeracións e homenaxeando a quen traballou na recuperación destas máscaras.

A elección de Xinzo de Limia como sede responde á súa profunda e ancestral vinculación co Entroido, consolidándose como o escenario ideal para este encontro que busca visibilizar un dos tesouros culturais máis representativos da provincia.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA