← Volver Dende A Limia

O Obispo de Ourense oficia unha misa en Xinzo polas vitimas de accidentes de tráfico

O Obispo de Ourense oficia unha misa en Xinzo polas vitimas de accidentes de tráfico

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Esta tarde, na misa das 8 na Igrexa Nova, celebrouse a «IX xornada enxugar as bagoas». A misa oficiada polo señor bispo José Leonardo Lemos Montanet, era para acompañar as familias e vítimas de accidentes de tráfico. As misas lévanse a cabo varias veces o ano nas diferentes parroquias da provincia. 
O delegado Pastoral da carreteira, Fernando Castro foi un dos participantes nos actos. 

Fernando é policía local en Verín, e a súa historia de vida esta moi relacionada con esta iniciativa, xa que cando tiña 3 anos perdeu o seu pai nun accidente de tráfico, feito que marcou a súa vida e a da súa familia. Isto provocou nel un desexo de formarse en seguridade vial dende cativo, por iso se fixo policía local. Coa súa experiencia e formación imparte charlas en colexios e parroquias. Charlas polas que obtivo varios recoñecementos nacionais e internacionais.
No ano 2018, o bispo Don Leonardo Lemos, propúxolle ser responsable do departamento da Pastoral da Carreteira. Cargo que aceptou encantado porque así pode aportar a seu gran de area.
«O que queremos é amosar a cercanía da igrexa coas vítimas dos accidentes de tráfico, porque é unha lacra e a xente sofre moito», di o delegado Fernando Castro. Por iso, cada vez que ten algunha noticia sobre un accidente fatal de tráfico, intenta ir dar o pésame acompañado dun sacerdote.

O acto litúrxico tamén asistiron o alcalde, Amador Díaz, o concelleira de Servizos Socias, Mª Ángeles Martínez e o concelleiro de urbanismo e mobilidade, Moncho Gómez.
Declaracións en exclusiva do Bispo Don Leonardo para DendeaLimia

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A "Casa da Lagoa" de Sandiás participa nas xornadas para impulsar a museoloxía en Ourense
Dende A Limia A "Casa da Lagoa" de Sandiás participa nas xornadas para impulsar a museoloxía en Ourense
Pepe Gándara, concelleiro de Cultura de Sandiás e coordinador do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, participou nunha serie de xornadas técnicas destinadas a fortalecer e dinamizar o patrimonio cultural da provincia de Ourense. Durante o encontro, presentou o relatorio da "Casa da Lagoa", destacando a súa labor como referente na freely divulgación da memoria e da riqueza natural do complexo húmido Limia/Antela. O programa, desenvolve baixo o lema "Retos compartidos", é unha iniciativa …
19 de mayo de 2026 1 min lectura
Inversión de máis de 197.000 euros na creación de tres novos pasteiros en Bande e Lobeira
Dende A Limia Inversión de máis de 197.000 euros na creación de tres novos pasteiros en Bande e Lobeira
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, visitou os concellos de Bande e Lobeira para supervisar a finalización de tres pasteiros. Estas actuacións representan un investimento superior aos 197.000 euros. O obxectivo principal destas obras é fomentar o desenvolvemento rural, promover a conservación da biodiversidade e dos ecosistemas agroforestais, e contribuir á prevención de incendios forestais mediante a práctica da…
21 de mayo de 2026 2 min lectura
Nova campaña de descontos mediante aplicación móbil
Dende A Limia Nova campaña de descontos mediante aplicación móbil
Un novo sistema de descontos para establecementos comerciais permite aos clientes obter reducións nas súas compras mediante o uso dunha aplicación móbil. O programa funciona mediante bonos que se van consumindo de acordo co valor de cada compra realizada. Procedemento de participación Para acceder aos beneficios, os usuarios deben seguir estes pasos: Rexistrarse a través da aplicación móbil ou da páxina web. Validar a rexistración mediante un código recibido por SMS. Activar e descargar o b…
26 de mayo de 2026 1 min lectura