O Concello de Xinzo de Limia informou sobre a programación das obras de mellora na travesía da N-525. Para a finalización destas infraestruturas, estableceron os seguintes cortes de tráfico:
Calendario de afectacións
- 30 e 31 de maio: Corte total do tramo da Praza Maior para realizar labores de aglomerado impreso.
-
Do 1 ao 5 de xuño:
- Corte da plataforma elevada do Pombal para finalizar o aglomerado impreso.
- Corte do tramo comprendido entre a rotonda do Pombal e a rotonda da A-52, incluíndo a contorna de Eroski, para completar o asfaltado.
Recomendacións
Ante estas obras, o Concello solicita á veciñanza que teña en conta estas modificacións ao planificar as súas rutas habituais e que respecte rigorosamente a sinalización provisional instalada nas vías afectadas.