Martes, 10 de novembro Xinzo 12° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

Xinzo de Limia activa unha campaña de recollida de axuda para os damnificados polo terremoto en Venezuela

1 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
28 xuño
Ver a noticia orixinal

O Concello de Xinzo de Limia e a Asociación de Inmigrantes Caminando Juntos puxeron en marcha unha campaña solidaria urxente para enviar medicamentos e material de primeira necesidade á poboación afectada polo recente terremoto en Venezuela, en colaboración coa Federación de Venezolanos en Galicia (FEVEGA).

As organizacións fan un chamamento á veciñanza para acadar recursos básicos, organizados nos seguintes bloques prioritarios:

  • Medicamentos básicos: analxésicos (Paracetamol, Ibuprofeno), antiinflamatorios, antibióticos sistémicos, antialérxicos e inhaladores para o asma.
  • Pediatría: xaropes analxésicos e antibióticos infantís, así como sales de rehidratación oral.
  • Material de curas: gasas, vendas, esparadrapo, alcohol, auga oxixenada e iodo.
  • Hixiene e insumos xerais: pañais para nenos e adultos, toalliñas húmidas, termómetros e glucómetros.

Para facilitar a participación da cidadanía, habilitáronse tres puntos de recollida na vila:

  • Servizos Sociais.
  • Concello de Xinzo (primeira planta): preguntar por Guillermo.
  • Casa da Cultura: punto xestionado directamente pola Asociación Caminando Juntos.

As persoas que precisen máis información ou queiran resolver calquera dúbida sobre esta campaña poden poñerse en contacto a través do teléfono 605 583 657.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser