O concello de Trasmiras reúnese coa Xunta para avanzar na mellora de infraestruturas rurais.

Dende A Limia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo esta semana unha xuntanza co alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos, para avanzar na mellora de infraestruturas rurais nesta localidade.Este concello ten aprobada unha axuda de algo máis de 44.000 euros para executar actuacións nesta materia, ao abeiro da convocatoria 2025-2026 do Plan Camiña Rural. En total, desde o ano 2020 recibiu máis de 225.000 euros para afondar na mellora dunhas infraestruturas no rural que contribúen a vertebrar o territorio e, ao mesmo tempo, dinamizar social e economicamente estas contornas.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA